CONTRATACIÓN DUN ASISTENTE DE DIRECCIÓN E ADMINISTRATIVO
A ORDE do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2025 establece o procedemento para a contratación dun auxiliar administrativo que o concello de Dumbría considera imprescindible para o exercicio das súas funcións.
CONTIA DA SUBVENCION: 16.380,09 euros.
OBXECTIVOS
O obxecto é financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro para a contratación durante nove meses de persoas mozas, inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral (códigos de procedemento TR350E e TR349Z).
A finalidade é mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas que non estudan nin traballan, inscritas como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil, mediante a prestación de servizos que lles posibiliten ás persoas participantes realizar un traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo.
RESULTADOS
Coa contratación dunha auxiliar administrativa, ademáis da práctica profesional obtida pola persoa traballadora ofrécense os seguintes servizos á entidade local e á veciñanza que podemos resumir:
- Atención ao público, telefónica e persoal
- Uso da administracion electronica para os tramites necesarios
- Elaboración e mecanografiado de escritos diversos, correspondencia e resto de documentos
- Manexo dos programas informáticos necesarios para a súa actividade (gravación de datos,
obtención de listaxes, etc.)
- Xestión de correspondencia (recepción, distribución e arquivo)
- Tarefas sinxelas e programadas ou estandarizadas da xestión administrativa
- Fotocopiado de documentos e tarefas administrativas diversas
- Control e reposición de material de oficina do seu departamento
- Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico, propia da sua capacitación profesional e vinculada co eido competencial no que se integra.