Xornada de portas abertas: casa do maior Ponte Olveira 2
O Concello de Dumbría contará cunha nova Casa do Maior e para coñecela organizamos unha xornada de portas abertas na que pode participar toda a veciñanza:
Sábado 31 de xaneiro de 2026 ás 16:30 h
Local Social da Ponte Olveira, en Dumbría
Ven a coñecer como funcionan as CASAS DO MAIOR e saber máis dos requisitos de acceso.
+ info nos Servizos Sociais do Concello de Dumbría e no 981 74 40 01.