Ir o contido principal

MONTE PINDO 2026

RUTAS MONTE PINDO 2026

Fecha:

09 / 07 / 2026

Categorías:

Cultura
Deporte
Territorio Vákner
Turismo

Etiquetas:

Os xoves e sábados dos meses de verán, xullo – agosto – setembro, tes unha cita co Monte Pindo. Trátase da Ruta Pegadas da Historia, unha ruta lineal con saída dende O Fieiro.

​O horario da ruta guiada é dende as 9 da mañá ata as 2 da tarde, aproximadamente, dependerá do ritmo do grupo. Un percorrido de 8 km para coñecer os segredos do Olimpo Celta. É imprescindible inscribirse previamente!

 

RECOMENDACIÓNS:

  • Teléfono móbil con batería cargada.
  • Algo de comer e algo de beber.
  • Roupa e calzado cómodos.
  • No caso de sufrir alerxias ás picaduras de insectos, é aconsellable poñer repelente de insectos.
  • Protección solar: crema e gorra.
  • Chaqueta estilo chuvasqueiro ou cortaventos para a cima, onde soe ventar.

 

​​INSCRICIÓN: https://forms.gle/1pyXKzvhtvmehxN26

Na véspera da ruta, as persoas inscritas serán informadas sobre a ruta, confirmándoselles si se fai ou non, en función do cumprimento do número mínimo de persoas (5) e da previsión meteorolóxica.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

  • Centro de Interpretación de Rutas (CIR) Monte Pindo e Fervenza do Ézaro
  • Oficina de Turismo do Ézaro
  • cirmontepindo@gmail.com
  • 662 34 69 27