39ª Festa da Praia do Ézaro
Celebrarase o sábado1 e o domingo 2 de agosto de 2026, na praia do Ézaro (Dumbría).
Dous días de actividades para a rapazada e para os maiores.
Un sinfín de xogos, obradoiros e música e circo.
A iluminación da Fervenza co espectáculo O Eco do Ézaro.
E o domingo non pode faltar a sardiñada popular!!
Non perdades os xogos populares e o xa mundialmente famoso baile do cañoto, acompañado de moita música!
#DumbríaéCultura #DumbríaéDeporte #Dumbría #Ézaro #festapraiaÉzaro2026 #RedeCultural2026