Ir o contido principal

Encontro con mulleres escritoras

encontro mulleres escritoras

Fecha:

24 / 10 / 2026

Categorías:

Actividades Municipais
Bibliotecas
Cultura

Etiquetas:

Continúa o 𝑶𝒖𝒕𝒐𝒏𝒐 𝒏𝒂𝒔 𝑩𝒊𝒃𝒍𝒊𝒐𝒕𝒆𝒄𝒂𝒔 𝒅𝒆 𝑫𝒖𝒎𝒃𝒓𝒊́𝒂 conmemorando a un tempo o Día Internacional das Bibliotecas e mais o Día das Escritoras
 
📆 Sábado 24 de outubro
🕦 11:30 h
📍 Instalacións do Conco - Dumbría
 
Desde as bibliotecas dumbriesas celebraremos no Día Internacional das Bibliotecas, conmemorando ao mesmo tempo o Día das escritoras, un encontro con mulleres autoras vinculadas, por variadas razóns, ao noso concello.
 
Contaremos coa presenza de distintas mulleres que, de diversos xeitos, están unidas a Dumbría:
 
Nieves García Centeno. con orixes na parroquia de Buxantes, xornalista e historiadora, presentará a súa obra Arsínoe, reina de Alejandría. A historia da muller que lle arrebatou o trono á súa irmá maior, Cleopatra, e que ousou enfrontarse a Xulio César para salvar a Exipto de Roma.
 
Rebeca Cernadas Ameijeiras. Nacida na parroquia de Salgueiros, presentaranos La niña del columpio, libro que publicou xunto con Miguel López, que tamén nos acompañará neste encontro. Neste libro narran a historia de Álvaro e Martina, dúas persoas de orixes diferentes cuxos camiños se cruzan a raíz da enfermidade que teñen en común, a Esclerose Múltiple.
 
Érica Domínguez Pais. Veciña de Hospital, é autora de Reflexións confinadas, un relato moderno sobre a historia de pandemia que paralizou as nosas vidas fai seis anos. Mestra de Audición e Linguaxe, avoga pola importancia da literatura en todas as etapas da vida, fundamentalmente na infancia.
 
Guadalupe Vázquez Formoso. Mestra e escritora. Ten publicadas obras poéticas, novelas e tamén libros infantís. Unha delas, Carburos é o meu Dios, ambientada no Ézaro. Tamén prologou o libro de Rebeca Cernadas e Miguel. Presentará unha das súas últimas obras: Eu, Monstro, unha novela na que aborda a transfobia e que supón, ademais, unha celebración da diversidade e un convite a construír pontes de amor e respecto.
 
Estarán con nós as tres mulleres gañadoras das primeiras edicións do Certame de relatos Territorio Vákner:
 
Natalia Lema Otero. Gañadora da 1ª edición escribindo O Vákner era unha muller. Obtivo dous segundos premios en edicións posteriores deste certame. Gañadora de múltiples galardóns literarios que van desde a poesía ao relato. O máis recente, o Premio XX Certame de Poesía Antón Zapata.
 
Ainhoa Conde Castro. Gañadora da 2ª edición co relato Querida Catalina. Inspectora da Mariña civil. É autora de obras coma Devotos do Destino, Lo que debí decirte, No lo llames Amor, ou Aurora.
 
Natalia Monje. Gañadora da 3ª edición con Bring your Spirit Down. Formada en Historia con especialización en Xornalismo, ten publicado novela e ensaio.
 
Contaremos, tamén, coa presenza, aínda que dixital, doutras mulleres ligadas á literatura e a Dumbría que, malia non poderen asistir este día, non queren deixar pasar a ocasión de acompañarnos dalgún xeito. Pero iso será unha sorpresa reservada a todas as persoas asistentes.