Ir o contido principal

ENTROIDO 2015: ASÍ O VIVIMOS

Miniatura Noticia

Fecha:

16 / 02 / 2015

Categorías:

Etiquetas:

#DumbriaéEntroido
Tarde intensa a vivida onte en Dumbría. Moitas comparsas (sete), moito disfraz, moita ilusión, moitas ganas de pasalo ben e moito público, moitíiiiiisimo!!!!

Arrancou a xornada co pasarrúas, que partía desde a praza do concello.


E alí estaba o presentador do Entroido de Dumbría, o graaaaan González!!!!!

Este ano por fin accedeu a aparecer no cartel anunciador. Saíu moi favorecido, non credes?

Alí estaban xa os integrantes da comparsa infantil/xuvenil do concello de Dumbría, abrindo a comitiva. Este ano elixiron como motivo da súa comparsa os emoticonos do Whatsapp.

Foron eles mesmos, xunto coas súas familias, os que elaboraron os disfraces. Gracias, familias, polo voso apoio.
Moi guapos e guapas!
Por fin os ensaios no Conco deron o seu froito! As monitoras e monitor do concello estamos moi orgullosos de vós.




Detrás deles desfilaban os membros da comparsa Sálvame dos de Lires.
Polas rúas de Dumbría estiveron Belén Esteban, Jorge Javier e demais compañeiros do programa televisivo.

Iban acompañados por unha boa representación dos principais partidos políticos, a nivel nacional e tamén comarcal.






A comparsa Decirconada, de Gures, paseou por Dumbría cunha boa mostra dos integrantes do seu circo. Non faltou o elefante nin a gaiola das feras.


Paiasos, lanzadores de coitelos, bailarinas, magos, domadores,... Menuda tropa!








O Circo do Sol, de Buxantes Calidade, trouxo ata o pobo un enorme paiaso articulado de máis de 3 metros. 










Desde Louro, desde os anos 50, chegou a marina dos Estados Unidos de América, da man da comparsa A Rueirada, con fragata incluída. 
Coas súas coreografías, animaron o pasarrúas ata a Praza da Igrexa.







Vaya, Vaya, aquí no hay playa, de Baíñas, veu cun nutrido (en máis de un sentido) grupo de bañistas, non lles faltaba nin o chiringuito.






Tampouco Las Chinitas, de Corcubión quixeron faltar onte á cita entroideira. 


En góndola viñeron tamén desde Corcubión Os Gondoleiros da Asociación Nerio.
Con eles transportámonos ata Venecia.





Por certo, sabedes como estaba a praza á chegada das comparsas? 
Abarrotada! (tal e como dicía o Dúo Sacapuntas naquel programa televisivo).




E comezou o espectáculo...



Os peques de Dumbría armáronse de valor e quixeron ser os encargados de romper o xeo. Encheron o escenario de emoticonos do whatsapp para mostrar o seu bo facer nisto do entroido dumbriés.

Fixérono fóra de concurso.
Hai que ver que dotes para o baile e o espectáculo... Parabéns! Bo traballo!







Pola praza andaban xa Nucha e Mucha, As Cantareiras de Ardebullo, que un ano máis quixeron vir pasar o domingo de entroido a Dumbría.
Con elas as risas e o entretemento están garantidos. 
Di o presentador que xa está desconfiando que teñan buscado un par de "apaños" ou de "apañados mozos" por estas terras, xa que lles gusta moito vir a Dumbría no entroido.














Os encargados de comezar coas actuacións dentro do concurso foron Sálvame dos de Lires.
Con eles subiron ás táboas os personaxes do coñecido programa televisivo e tamén líderes políticos, tanto da comarca, coma a nivel estatal. 
Non defraudou a súa parodia crítica, . Botámonos unhas boas risas con eles.


























O circo foi o tema elixido nesta ocasión pola Asociación de veciños de Gures. Decirconada foi todo un espectáculo do que pode chegar a pasar debaixo dunha carpa. 
Os paiasos, o lanzador de coitelos, ese tirador de armas de fogo, animadoras, feras,.... non faltaba de nada neste disparatado circo que co seu humor intelixente acadou moitas risas entre o público asistente.








A comparsa local Buxantes Calidade decantouse este ano polo Circo do Sol, en concreto polo espectáculo Alegría.
Na súa liña, sorprendeu, e moito, a posta en escena: bailaríns, acróbatas, paiasos, interpretación do tema central en directo coa bonita voz dunha das integrantes da comparsa,... 
Non lles faltou nin o persoal de limpeza.
Un espectáculo á altura da celebración do décimo aniversario da formación da comparsa. Parabéns!














A Rueirada, de Louro, subiu ó escenario para achegarnos coreografías inspiradas nos anos cincuenta e na armada estadounidense. O público aplaudiu esta primeira participación dos muradáns no entroido dumbriés. 


Vaya, Vaya, aquí no hay playa, dicían os de Baíñas.
Pois desde alí chegaron e montaron unha nun plis-plas.
Ó carón do chiringuito, non faltaba a palmeira, parasoles, toallas, sombreiros, ... Non esqueceron o bocadillo nin as ganas de pasalo ben. 


Las Chinitas de Corcubión encheron de cor e música o escenario. Menuda paciencia tiveron as máis cativas da comparsa. Que ben soportaron os nervios e a espera para que chegara a hora da súa actuación.

Cerraron as actuacións Os Gondoleiros da Asociación Nerio de Corcubión. Sobre as súas góndolas trouxeron ata Dumbría o Entroido de Venecia. A preciosa coreografía e unhas moi ben adaptadas coplas fixeron as delicias do público. E eses peques, como esperaron pacientemente a que chegara o seu turno! Levaron tamén un sonoro aplauso.
















Ó remate das actuacións tódolos nenos e nenas disfrazados subiron recoller a súa bolsa de golosinas e incluso se fixeron algunha foto coas Cantareiras de Ardebullo mentres esperabamos a decisión do xurado.

E así seguía a praza:


Agradecemos o labor que fixo o xurado xa que somos conscientes da dificultade que entraña.
Gracias Santiago Garrido (xornalista de La Voz de Galicia), Javier González (presidente da Asociación Neria) e María Lema (concelleira de Cultura de Dumbría).

GAÑADORES DO CONCURSO:
1º Premio de Comparsas: Buxantes Calidade co Circo do Sol






















2º Premio de Comparsas: Decirconada de Gures
3º Premio de Comparsas: A Rueirada de Louro

Premio ó disfraz indivicual máis orixinal: A Parella de Papel






















E así rematou esta edición do Concurso de Entroido 2015. 
Só nos queda agradecer a todas as comparsas que quixeron compartir con nós este domingo de entroido. 
Grazas a todos os que fixestes posible o día de onte, disfrazados e sen disfrazar; grazas ó público, que cada ano é máis numeroso.

GRACIÑAS A TODOS/AS!

Unha última petición: se tedes pequenos vídeos, duns 10 segundos, sobre como vivistes vós o entroido en Dumbría, enviádeos a dumbriaecultura@gmail.com coa etiqueta #DumbriaéEntroido