CLAUSURA ESCOLAS CULTURAIS

O sábado, 21 de xuño, ás 16:00 horas, na Casa Cultural de Olveira, terá lugar a clausura do curso 2013 - 2014 das Escolas Municipais de Teatro e de Pandeireta e Baile Rexional.
No apartado de pandeireta e baile rexional actuarán, dirixidos por Álex Insua, profesor da ACDR As Neves de Buxantes:
- Grupo de iniciación
- Tarumba
- Mar Adentro
- Pedra Xesteira
No apartado de Teatro, dirixidos por Diego Rey, de Talía Teatro:
- Obra: "O Merlo Branco". Grupo de Teatro de Olveira
- Obra: "A Gata con Botas". Grupo de Teatro do Conco
Estades todos/as invitados/as a ver as actuacións destes pequenos/as, e non tan pequenos/as, artistas.
Agardámosvos!