Estreamos ferramenta para estar máis pretos: Pinterest

Pinterest é unha ferramenta da rede social para compartir
imaxes que permite que os usuarios poidan colgar fotos e vídeos nun taboleiro temático. Os usuarios poden buscar outros pinboards, 're-pin' imaxes para as súas propias coleccións ou darlles 'me gusta'.
Pódelo ver en:
pinterest.com/Dumbria
A misión do Pinterest é a da conexión de todos a través de cousas que encontran afíns ó seu interese e co que se senten identificados.
Co fin de crear comunidade creamos este espazo para promoción do Concello e para darlle visibilidade na rede: #Dumbríaparapresumir.
Bótalle unha ollada a este novo espazo e recorda ti tamén podes facerte usuario e colgar un taboleiro coas túas fotos favoritas: afeccións, turismo, viaxes...