VERÁN DE LINGUAS


¿ Gustaríache que o teu fill@ aproveitara as vacacións de verán para seguir en contacto co inglés dun xeito dinámico e activo, case sen darse conta?.
Ó longo deste verán, os nenos e nenas do concello de Dumbría poderán asistir a un taller infantil de lingua inglesa.
Aprenderán inglés ó mesmo tempo que se divirten.
As sesións estarán dirixidas por profesorado nativo.
Este pretende ser un complemento ás actividades estivais que se desenvolven nas instalacións do Conco.
Os interesados aínda están a tempo de inscribirse!
Máis información nas oficinas municipais e nas casas culturais.