Ir o contido principal

INTERNET: O MUNDO NA MIÑA VILA

Miniatura Noticia

Fecha:

21 / 05 / 2013

Categorías:

Etiquetas:

charla
formación
informatica
venres, 31 de maio ás 19.00 horas nas instalacións do Conco (Dumbría), terá lugar unha charla informativa sobre a internet.

Esta charla pretende servir de reforzo aos alumnos/as que ao longo deste curso 2012-2013 asistiron ós cursos de informática organizados polo concello.

Quere ser unha sesión para afondar sobre a importancia da rede na sociedade actual, como canle que chega desde a nosa propia casa e a nosa vila ata o mundo enteiro.
Incidirá na importancia de manexar as novas tecnoloxías e procurará achegarnos ferramentas e contidos útiles que nos falen do que máis nos interesa: o máis próximo.

Comprobaremos que a internet, alén de ser unha porta aberta ao mundo, tamén nos permite coñecer moito mellor o que temos ao carón.

Falaremos de Quen usa a rede e que busca nela.
Amosarannos Contidos 2.0: espazos informativos, culturais e de lecer, en concreto sobre a Costa da Morte e sobre Dumbría.
Coñeceremos Ferramentas 2.0: correo, navegadores, buscadores, programas... e, moitas delas, dispoñibles en galego. 

A charla correrá a cargo de Ubaldo Cerqueiro, coordinador do diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta.com

Aquí vos deixamos un pequeno adianto nunha listaxe de recursos na rede.

Se tés curiosidade, se queres manterte informado, achégate ó Conco ó día 31 ás 19 horas!


AQUÍ VOS DEIXAMOS UN DOCUMENTO CON RECURSOS