Abril: mes dos libros (II)

Esta semana celebramos o día do libro nas casas de cultura do concello, fixemos marcadores de páxinas e cruzamento de libros.
O cruzamento de libros gustou tanto, que vai continuar unha temporadiña máis.
E, para rematar con estas celebracións, a vindeira semana os nenos e nenas de Infantil e do Primeiro Ciclo de Educación Primaria van visitar a Biblioteca do Conco, para coñecer as súas instalacións e facer o carné de lectores.
Velaquí algunhas fotos das actividades:

Na semana pasada publicabamos unha entrada sobre o libro de Modesto García Quintáns " El Ayuntamiento de Dumbría: historia, tradiciones y costumbres" que abarca todo a historia do concello. Recollemos nesta entrada outros libros que tratan tamén do noso concello dende outros puntos de vista.

- Arquitecturas da provincia da Coruña: Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía
- Dumbría; Mazaricos. Diputación Provincial
- Prospectiva de desenvolcemento local: Dumbría. Diputación Provincial