Estamos en ...Fitur

A Feira Internacional de Turismo (Fitur) acolle durante esta fin de semana ( do 12 ó 15 de xaneiro) a presentación da Vuelta Ciclista a España 2012 que chegará ó noso concello o día 30 de agosto . Este evento deportivo abrirá a ventá a máis de 140 países que poderán disfrutar a través da retransmisión da paixase do Monte Pindo, praia do Ézaro e por suposto o Mirador.
O 'stand' NERIA -Costa da Morte,será o escaparate da Costa da Morte e nel preséntase a chegada da duodécima etapa a Dumbría, que, situará a línea de meta no Mirador de Ézaro. Tamén neste estand se repartirán 3 guías de turismo da Costa da Morte
En total, Neria repartirá uns 65.000 elementos divulgativos de todo tipo, dende pequenas guías ou dípticos e trípticos ata libros específicos sobre conxuntos etnográficos.