Ir o contido principal

ENTROIDO 2020

ENTROIDO 2020

Fecha:

06 / 02 / 2020

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

cartel entroido 2020 Dumbría

NO CONCO!!! Entroido Dumbría 2020, máis de 2.000€ en premios.

February 4, 2020

O domingo 23 de FEBREIRO dende as 17:00 h Dumbría TOLEARÁ!!!

Achégate ao polideportivo do CONCO e participa no concurso máis grande do entroido da Costa da Morte.

Sae á rúa, colle 10 amigos e un pouco de imaxinación e xa tes unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.

E, sobre todo, ven gozar da música, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.

Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!

Entroido de Dumbría, TOLEARÁS!!!

Descarga aquí as bases do concurso.

BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2020

Das inscricións e das comparsas
1ª.- Para participar no concurso de comparsas de Entroido é condición imprescindible
formalizar a inscrición da comparsa nas oficinas municipais con anterioridade ás 15:00
horas do xoves 20 de febreiro de 2020. As comparsas que non se inscriban no seu debido
tempo non poderán optar a ningún dos premios establecidos nin ás axudas por
participación obxecto destas bases.
2ª.- As comparsas, para formalizar a súa inscrición no concurso, farán constar o nome da
comparsa e o número de membros que a compoñen, así coma un teléfono de contacto da
persoa representante da mesma.
3ª Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de 10 compoñentes
que obrigatoriamente realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións,
e que teña unha duración entre 5 e 20 minutos.
4ª.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na
súa actuación.
5ª.- No interior das instalacións deportivas queda prohibido o uso de material
potencialmente perigoso, que poida causar incendios (o uso de bengalas, dispositivos que
expidan fume, néboas, petardos, fogos de artificio, material pirotécnico, ou outros
artefactos que conteñan pólvora), así coma calquera dispositivo que deixe sobre as
instalacións algún tipo de residuo.
6ª.- Poderase acceder ao pavillón con elementos de dimensións limitadas. As carrozas non
poderán entrar nas instalacións e serán avaliadas polo xurado ao longo do desfile.
A organización terá prevista unha área reservada para, unha vez rematado o pasarrúas,
deixar fóra estes complementos de grandes dimensións. Esta área destinarase
exclusivamente a eses elementos empregados no desfile, non ao estacionamento dos
vehículos dos integrantes das comparsas.
Medidas a ter en conta para as actuacións:
· Escenario: 12 m. de fronte x 10 m. de fondo.
· Altura máxima pavillón: 7 m.
· Porta de acceso: 2 m. ancho x 2,30 m. alto.
7ª.- As comparsas que desexen empregar acompañamento musical nas súas actuacións
poderán facer uso dun reprodutor de son, que admite os formatos .WAV ou .MP3, cunha
calidade mínima recomendada de 320 kbps.
Deberán traer o arquivo nun CD ou nunha memoria USB; recomendándoselles que se
acheguen antes do comezo do desfile ata a mesa de control de medios, situada no pavillón,
para facer unha proba de son.
As comparsas deben designar unha persoa responsable para estar durante a actuación na
mesa de reprodución de medios, e que se encargará de indicarlle ao equipo técnico en que
momento deben reproducirse os mesmos.
Disposicións finais
8ª.- Para poder optar ás axudas por participación sinaladas no capítulo anterior é
imprescindible que as comparsas participen nos actos de entroido programados para o
domingo, 23 de febreiro de 2020 e que comezarán coa concentración das comparsas ás
17:00 h. na praza do Concello de Dumbría.
9ª.- As comparsas teñen a obriga de participar no pasarrúas inicial ata o pavillón
polideportivo, lugar onde se levarán a cabo as actuacións.
10ª.- A orde de participación tanto no desfile de comparsas coma na posterior actuación
rexerase segundo sorteo previo, a celebrar no Concello o venres, 21 de marzo de 2020, ás
17:00 h.
11ª.- Os premios para o concurso de comparsas e disfraz individual son os seguintes:
-1º clasificado: 1.000 €
-2º clasificado: 500 €
-3º clasificado: 300 €
-Un premio de 150 € , ó disfraz individual máis orixinal.
No caso de producírense empates, os premios serán repartidos no modo que segue:
No caso de empate no 1º premio entre 2 comparsas, repartirase o 1º e 2º premio a partes
iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 1º premio entre 3 ou máis comparsas, repartiranse os 3 premios a
partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 2º premio entre 2 ou máis comparsas, xuntarase o 2º premio e o 3º
premio e repartiranse a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 3º premio, repartirase este a partes iguais entre as comparsas
empatadas.
12ª.-As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 150 € pola
súa participación nos actos de entroido. Esta axuda non é acumulativa ós premios.
13ª.- O xurado será designado polo Concello de Dumbría. Na selección dos premiados o
xurado terá en conta os seguintes aspectos:

  • Desfile: animación, complementos, carrozas, … (25% da puntuación). No caso de
    condicións climatolóxicas adversas, que non permitan a celebración do mesmo, o
    xurado valorará igualmente as carrozas e complementos das comparsas.
  • Disfraces e maquillaxe: confección artesanal ou non, calidade e adaptación da
    maquillaxe … (25% da puntuación).
  • Actuación: posta en escena, música, coreografía, parodias, letras das coplas,…
    (50% da puntuación).
    14ª.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases. O fallo do xurado será
    inapelable.
    15ª.- O concello resérvase o dereito de limitar o número de comparsas participantes no
    concurso.

+ INFO:

Oficinas Municipais

981 744 001