Ir o contido principal
Albergue Público de Dumbría

Albergue Público de Dumbría

Se o teu camiño remata en Muxía, o Albergue de Peregrinos de Dumbría dispón dunhas modernas instalacións que se complementan co complexo deportivo do Conco, onde poderás gozar de balde da piscina, o ximnasio, a biblioteca, acceso a internet,…

Ao igual que o albergue de peregrinos de Olveiroa, o de Dumbría tamén é de carácter municipal e público polo que o seu custe é inferior ao do ámbito privado, pero no que non se admiten reservas; senón que as prazas cúbrense por orde de chegada dos peregrinos.

Información práctica:

  • Horario de admisión: de 13:00h a 22:00h
  • Teléfono: 981 74 40 01
  • Número de prazas: 24 + 2 (persoas con mobilidade reducida)
  • Servizos: accesibilidade, calefacción, auga quente, ducha, wc, lavadoiro.
  • Equipamento: cociña, salón, comedor, terraza, depósito de bicicletas.

     

  • Prezo: 8€ por persoa.
     
  • Datas abertas: todo o ano.
     
  • Roupa de cama: sabas, almofadas e mantas incluídas.
     
  • Lavandería: lavadora e secadora de pago e lavadoiro e tendeiro gratuíto.
     
  • Características do aloxamento: ten terraza, sala de reunión, xardín, piscina no verán, calefacción, ximnasio, biblioteca e é accesible.
     
  • Comunicación: hai internet, WIFI e enchufes para cargar os dispositivos electrónicos.
     
  • Bicicletas: conta cun lugar onde gardar as bicicletas.
  • Información útil: non se admiten reservas nin pago con tarxeta de crédito.

#DumbríaéCamiño #DumbríaéTurismo #BoCamiño #TerritorioVákner

Galería de imaxes