O Mar de Ardora na Praia do Ézaro, en Dumbría





Na Costa da Morte puidemos disfrutar neste mes de agosto de novo da preciosidade do Mar de Ardora e das Perseidas, e volvemos a compartir este video do verán pasado no areal do Ézaro, en Dumbría.
Ver en Youtube
O Mar de Ardora é un fenómeno natural producido polas algas. Un fenómeno máis propenso a producirse no verán. Para que se dea son varios os factores que inflúen: a estabilidade do mar, a estabilidade meteorolóxica, os ventos e as correntes. De feito, non sempre ten lugar nas mesmas praias.
No caso de querer ir velo é importante cando se visiten as praias de noite que non se lles engada unha maior presión medioambiental a un ecosistema virxe, que é tan fráxil.
Que se debe facer? Estacionar nos lugares habilitados, deixar ás aves tranquilas (pois é o seu momento de descanso) e non deixar lixo na praia.
Que NON debes facer? Subirse ás zonas dunares xa que é un lugar de anidamento das aves, nin tampouco levar cans ás praias que non o permitan en horario diúrno.
#DumbríaéTurismo #Dumbríaé
#Dumbría #Ézaro #DumbríaéNatureza #mardeardora #mar #luz #costadamorte #galicia #dumbriaparati #Dumbría #Ézaro #DumbríaéNatureza #mardeardora #mar #luz