FORMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA PARA ENTIDADES DEPORTIVAS DE BASE
A Deputación da Coruña presenta un programa de formación para as entidades deportivas de base da provincia
Programación de 8 xornadas formativas en diferentes concellos da provincia durante os meses de outubro e novembro, abordando temáticas como a normativa sectorial, os patrocinios, a xestión da comunicación, a regulación emocional, a inclusión no deporte ou a dirección de equipos.
As persoas dos clubs da provincia que estean interesadas en participar poden inscribirse xa a través desta ligazón. A formación é de balde.
Dumbría, 10 de outubro, nas instalacións deportivas municipais de Conco.
De 16:30 a 18:00 horas: Ferramentas para adestrar a menores con respecto, impartida por Rubén Domínguez.
De 18:30 a 20:00 horas: Soporte Vital Básico (RCP e DESA) para técnicos deportivos, impartida por Roberto Barcala.