Ir o contido principal

II Xornadas 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫𝐞𝐬, 𝐦𝐞𝐦𝐨𝐫𝐢𝐚 𝐞 𝐝𝐢𝐠𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞. 𝑨 𝒎𝒖𝒍𝒍𝒆𝒓 𝒆 𝒐 𝒕𝒓𝒂𝒃𝒂𝒍𝒍𝒐

II Xornadas Mulleres, memoira e dignidade. A muller e o traballo

Fecha:

22 / 11 / 2025

Categorías:

Actividades Municipais
Cultura
Eventos culturais
Turismo
Veciñanza

Etiquetas:

En novembro de 2024, o Concello de Dumbría organizou a I Xornada Mulleres, memoria e dignidade para conmemorar o centenario da primeira viaxe realizada por Ruth Matilda Anderson, etnógrafa e fotógrafa na Hispanic Society of America, a España e á Costa da Morte.
Aquel primeiro encontro serviu para poñer en valor o importantísimo e minucioso labor realizado por Anderson. 
 
Despois do éxito acadado, desde o Concello de Dumbría queremos manter esta xornada como unha reivindicación da súa memoria e da historia do Ézaro a través das súas mulleres. Este ano a temática será A muller e o traballo. 
Coñeceremos máis de preto os traballos realizados polas mulleres do Ézaro ao longo dos anos, dignificaremos os traballos que durante décadas sostuveron a comunidade e volveremos recrear a fotografía tomada por Ruth Matilda Anderson no noso areal.
 
PROGRAMA:
As xornadas desenvolveranse na tarde do venres 21 e o sábado 22 de novembro pola mañá.
·
🗓️ Venres, 21 de novembro. 15:00 h
📍 Praia do Forcado (O Ézaro)
Recreación da fotografía de Ruth Matilda Anderson na que inmortalizou a veciñanza do Ézaro tirando da arte.
Convocatoria aberta a toda a veciñanza, que acudirá vestida con roupas típicas de comezos do século XX.
Remataremos a tarde cun chocolate quente con churros para entrar en calor despois da foto.
·
🗓️ Sábado, 22 de novembro. A partir das 10:15 h
📍 Edificio Bitácora, O Ézaro (Dumbría)
➡️ Primeira presentación oficial do libro Ruth Matilda Anderson, tradutora das marxes, da autora Alba Rodríguez Saavedra.
Contará coa presentación do xornalista Santiago Garrido e a intervención de Ana Cabana, profesora titular do Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela.
➡️ Mesa redonda «As mulleres do Ézaro e o traballo», coa participación da
veciñanza e moderado por Paula Castiñeira e María González, ambas as dúas xornalistas e comunicadoras e autoras do documental interactivo Caneliñas, a costa das baleas.
➡️ Conferencia «Mulleres de Dumbría na ciencia» a cargo da Dra. Isaura
Fernández Pérez, especialista en Oncoloxía médica e investigadora no Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (Vigo).
🎟️ ENTRADA GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

Galería de imaxes