Dumbría en branco e negro
O Concello de Dumbría está levando a cabo un proxecto chamado
DUMBRÍA EN BRANCO E NEGRO, unha iniciativa que solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas para recoller unha ampla mostra de fotografías antigas do noso concello.
O obxectivo é recuperar imaxes da historia de Dumbría para que pasen a formar parte do Arquivo Municipal e organizar unha exposición que percorra as Casas de Cultura do concello e poder tamén difundilas noutros medios.
O concello pretende ter unha memoria gráfica dos espazos rurais, as casas, a xente, as actividades labregas, gandeiras, forestais ou mariñeiras; os momentos de ocio, as festas, a escola, e os acontecementos máis salientables de cada parroquia ó longo de todo un século.Aquí pódense ver algunhas das imaxes que os veciños e veciñas de Dumbría nos fixeron chegar.
Recóllense escenas típicas da Dumbría do pasado, amosan xentes que noutrora habitaron as nosas terras.








