Ir o contido principal

SOÑA NO NADAL. Sábado, 21 decembro

Miniatura Noticia
O sábado, 21, tedes cita dobre nas Instalacións do Conco (Dumbría).
Ás 12.00 h. haberá un Taller de Relaxación e Risoterapia, da man de Xoán Curiel.

Este taller está dirixido a maiores de 14 anos.




Pola tarde, ás 18.00 h., os protagonistas serán os nenos e nenas de 0 a 6 anos, que poderán gozar das aventuras dun porquiño que se perde de camiño á súa granxa.

Son+D2 tráenos As viaxes de Torbeliño.



DUMBRÍA SOÑA NO NADAL!


SOÑA NO NADAL. Sábado, 14 de decembro

Miniatura Noticia

Sábado, 14 de decembro.

19.00 horas.

Casa de Cultura de OLVEIRA.


Cabaré Manicómico.

Clown, música, danza, humor, monólogos,... para tódolos públicos.

EXCURSIÓN 2014

Miniatura Noticia
O concello de Dumbría organiza unha viaxe á Comunidade Valenciana.

                                                                                 foto: conozcavalencia.com

Visitaremos Valencia, Elche, Alicante, Gandía, Benidorm,....

Datas:
  • saída: 30 de abril pola noite (noite en ruta)
  • chegada: 5 de maio

Dirixido a: veciños/as de Dumbría.

Prezo: 230 €, inclúe transporte, aloxamento e comida.

Prazas: limitadas. Por riguroso orde de inscrición.

Inscrición:
Oficinas municipais. Tlf: 981 744 001. En horario de 08.00 a 15.00 horas.

Novos talleres de informática: Gimp e redes sociais

Miniatura Noticia




-Retoque fotográfico e de imaxes con Gimp
  12 horas.
Aprende a retocar as túas fotos de maneira sinxela e rápida.  

- Redes Sociais:   Facebook, Twitter e Linkedin.  8 horas.
Aprende a xestionar as diferentes plataformas sociais: busca amigos, xestiona o teu perfil, twittea ou crea un perfil  profesional con Linkedin…


Para participar nestes talleres, que se realizarán nas Instalacións do Conco en Dumbría, é preciso anotarse antes do 21 de Abril no Concello ou nas Casas Culturais
(Teléf.: 981 744 001). 



www.dumbria.com   @ConcelloDumbría  @DumbríaéCultura  http://dumbriaecultura.blogspot.com

Emprendemento: un camiño

Miniatura Noticia


 
 Na actualidade encontrámonos nunha situación económica moi complicada, cun grande número de persoas no paro e outras moitas emigrando a outros países en buscas de oportunidades.

Moita xente nova con estudos e/ou experiencia laboral de tódolos sectores desanímanse ó ver que non teñen oportunidades de futuro,que botan multitude de currículum sen resposta algunha.
Cada día vemos a coñecidos ou familiares que se quedan sen traballo, cousa que desanima moito.
¿Que pode facer esta xente nova para poder traballar? Tes formación, coñecementos, experiencia, tal vez hai outro camiño: Emprender
Se tes unha idea podes saír adiante, e posiblemente sen invertir unha gran cantidade de cartos, do cal seguramente non dipós.
Deixámosche algúns consellos para que lle deas unha volta a eso de ser emprendedor:
  1. Asesórate e fórmate: montar unha empresa é doado, pero xestionalo é difícil. Na actualidade moitos organismos oficiais imparten cursos e seminarios de formación sobre actividades empresariais.
  2. Aproveita as redes sociais: Internet 2.0 interactúa cos teus potenciais clientes. As redes sociais son ferramentas gratuitas e con elas podes chegar a moitas persoas, só tes que  elexir a que mellor se adapte ós servicios que ofreces
  3. Date valor, e ofrece un valor engadido: tes que saber a qué cliente te dirixes: Low Cost ou Premium? O precio que fixes polo teu traballo ten que estar acorde ó que ofreces.
  4. No tes a necesidade  de crear unha S.L. e invertir 3000 euros. Podes crear unha Cooperativa, onde os gastos son moito menores. Respecto a este punto acaba de saír publicada a orde de axuda a creación de novas cooperativas  da Xunta de Galicia.
  5. Busca financiación. Para levar a cabo a túa idea seguramente encontres algunha línea de apoio ou axuda. Dentro deste apartado e na nosa zona podes encontrar o http://www.accioncosteira.es/?q=es/gac4, que financian proxectos relacionados co mar, e o GDR da Costa da Morte; actualmente os dous con líneas de axudas abertas en prazo.
 En Dumbría hai casos de rapaces novos que se aventuraron a crear o seu propio posto de traballo: carpinteiros metálicos, da madeira, traductores, xestores web, aloxamentos, bares, gandeiros, chacineiros, electricistas...todos eles exemplos deste post e que poderían contar moito máis da súa aventura.

Todo esto sona moi bonito e parece moi sinxelo, pero non todo o mundo está preparado na aventura de emprender, non ter horarios, pasar por momentos difíciles e moitas veces ter que tomas decisións que non che gustaría tomar, hai que estar preparado para todo isto..Pero si tes unha idea ...loita por ela!..sácaa adiante!


 Saber+: 
Axente de Desenvolvemento Local de Dumbría: Tomás

TALLER DE IDEAS

Miniatura Noticia
O sábado, 
15 de marzo, 
ás 10:30 horas
nas instalacións do Conco, desenvolverase unha actividade dirixida á mocidade. Trátase de Taller de ideas: cara o emprendemento desde a participación.


Este taller está enfocado a orientar ós mozos e mozas que queiran participar no programa da Dirección de Xuventude, Iniciativa Xove.

Iniciativa Xove financia proxectos xuvenís de ata 4.000 €.

Premendo aquí, podedes ver algúns exemplos de proxectos realizados en convocatorias anteriores.

Non perdades a oportunidade de informarvos.

Agardámosvos no Conco!

ENTROIDO 2014: ACTUACIÓNS

Miniatura Noticia
Este ano tocounos vivir en Dumbría un concurso de entroido pasado por auga.

O desfile viuse deslucido polo mal tempo, así que, o prato forte foron, esta vez máis que nunca, as actuacións baixo a carpa instalada na praza da igrexa.





Conduciu a  xornada o noso presentador de cabeceira, González, que, coma sempre, nos sorprendeu cun disfraz do máis orixinal.






As estrelas invitadas foron de novo as Cantareiras de Ardebullo: Nucha e Mucha,
recén chegadas de Suíza, que nos fixeron botar unhas risas coas peripencias vividas na súa viaxe.

En primeiro lugar actuou a comparsa da Familia Shrek, chegada desde terras zasenses. Pequenos e maiores realizaron unha coreografía.


A continuación fixeron a súa entrada no escenario os compoñentes da comparsa de Lires, 

"Abaticando o Vaticano", que chegaron cunha magnífica parodia na que non faltaron curas, monxas, garda vaticana e ata dous Papas, Benedicto e Francisco (o Papa Americano). (1º premio de comparsas)


A comparsa "Ameixenda Calé" achegounos ata o mundo xitano, no que non podían faltar os cantos e bailes que o caracterizan. Non lles faltou nin a cabra, que fixo das súas polo escenario.
A veterana comparsa "Buxantes Calidade" volveu sorprendernos un ano máis coa calidade no seu vestiario e maquillaxe, así coma cunha impecable posta en escena. Inspiráronse para a ocasión no filme Avatar. (2º premio de comparsas)


Todo estivo perfectamente vixiado pola comparsa coruñesa "Los Hombres de Paco", que contaban cun can entrenado e ata con coche policial. A seguridade estaba asegurada.


Os últimos en actuar foron os da Asociación de Veciños de Gures, que chegaron a terras dumbriesas a bordo dun impresionante barco que tiveron que cambiar por unha pequena chalana para acceder á costa. Trouxéronnos sons caribeños e ata un moi mellorado Fidel Castro, que non abandonou a súa hamaca. (3º premio de comparsas)

O premio ó disfraz individual máis orixinal recaeu nun anano con gran sombreiro de copa.

Sen dúbida, unha das maiores ovacións levárona os nenos e nenas de Dumbría que subiron ó escenario vestidos de vacas, fóra de concurso, acompañados de Nucha e Mucha para realizar dúas coreografías que prepararon cos monitores do concello.

Os máis pequenos, de 2 a 5 anos, bailaron a canción da "Vaca Lola" e os maiores, de 6 a 14 anos, fixeron o propio coa versión que interpretaron as de Ardebullo de "Vexo Raios de Sol".

Desde o Concello só nos queda agradecer unha vez máis a participación de tódalas comparsas e participantes no concurso individual, así coma a presencia de toda a xente que nos acompañou nesta xornada a pesares do mal tempo atmosférico que está marcando estas datas de entroido.
Quedades todos emprazados para festexar o Entroido 2015.

GRACIÑAS e parabéns ós gañadores!

ENTROIDO 2014

Miniatura Noticia
Coma tódolos anos, o domingo de entroido celebramos o concurso de disfraces en Dumbría. 

O domingo, 2 de marzo, estarán con nós  AS CANTAREIRAS DE ARDEBULLO: NUCHA E MUCHA

PREMIOS:
1º premio comparsas: 1000 €
2º premio comparsas: 500 €
3º premio comparsas: 300 €
1º premio de 150 € ó disfraz individual máis orixinal.
Unha axuda de 150 € para tódalas comparsas participantes que non resulten premiadas no concurso.

As comparsas deben inscribirse antes das 15.00 horas do 27 de febreiro nas oficinas municipais en horario de 8 a 15 horas.

BASES DO CONCURSO

PROGRAMACIÓN:
  • Concentración de tódolos disfrazados/as ás 17:00 horas na porta do Concello.
  • Pasarrúas ata a Praza da Igrexa 
  • Entrega dunha bolsa de golosinas a cada neno disfrazado.

POR OUTRA BANDA:
lembramos ós nenos e nenas que queiran participar na actuación final que estamos a preparar para ese día que os ensaios son os venres pola tarde no Conco. Máis información nas casas culturais.

DUMBRÍA É ENTROIDO
 

Talleres informática: Wordpress + AVS Video Editor

Miniatura Noticia

Ábrese o prazo de inscrición para dous novos talleres 
de informática para maiores de 16 anos. 

 Podes inscribirte nas Oficinas do Concello ( 981744001) ou nas Casas de Cultura ata o día 14 de febreiro.

- Creación de blogs  con WordPress. 
8 horas.

Aprende a crear un blog no que contar as túas experiencias, compartir ideas, personalizalo ao teu gusto... 

-Edición de vídeo con AVS Video Editor e subida de vídeos a Youtube e Vimeo
10 horas.

Aprende a crear os teus vídeos de forma sinxela, a cortar escenas que non necesites e a subilos ás canles de Youtube e Vimeo, ou compartilo directamente en Facebook. 


Na actualidade 65 persoas maiores de 18 anos  están adquirindo coñecementos en novas tecnoloxías nos seguintes cursos que se están levando a cabo nos centros culturais.

Alfabetización dixital, office e Internet. 

Duración: ata finais de maio.

- Olveira-Martes: de 19:00 a 20:15
-Berdeogas-Xoves: de 16:00 a 17:15 e 20:15 a 21:30 (2 quendas).
-Dumbría-Venres: de 19:30 a 20:45 e de 20:45 a 22:00 (2 quendas).

A túa empresa na Rede 

-Dumbría-Luns : de 19:30 a 22:30 


Retoque fotográfico co GIMP

-Dumbría-Mércores  de 16:00 a 18:30 e de 20:00 a 22:30.