
Tremendo arranque das I Xornadas de Teatro "Dumbría a Escena".
O pasado venres foi
X.A.TOURIÑÁN o encargado de dar o pistoletazo de saída a este ciclo de teatro.


Fíxoo subindo ás táboas como
Manolo Lojo, que conseguiu que ós asistentes, que eran moitos (auditorio abarrotado), non se lles borrase o sorriso da cara.

As gargalladas foron, pois, as protagonistas desta primeira actuación.


O sábado comezou con un
obradoiro de clown para os rapaces e rapazas que se achegaron ata a Casa de Cultura de Olveira.Vese que lles gustou, xa que algúns ata repetiron pola tarde.

Ás 12:30 h. rapaces/zas e pais/nais visitaron
"A Biblioteca dos Libros Perdidos" de
FANFARRA TÍTERES.

O peche da segunda xornada correu pola conta de
ABRAPALABRA coa representación de
"As do Peixe", unha obra que acadou nos últimos Premios Maria Casares ata tres galardóns: o de mellor texto orixinal, mellor actriz protagonista para Susana Dans e mellor dirección para Cristina Domínguez. Estiveron ESPECTACULARES!
O ATURUXO DE MELPÓMENE adentrounos na
Ratoeira. Conseguiron que o público asistira, sen poder nin sequera pestanexar, á resolución dun crime
cometido nunha recén estreada casa de hóspedes.
Podemos resumir esta primeira fin de semana de
Dumbría a Escena en Olveira coma unha mestura de moitas risas, suspense, realidade, intriga, medos, recordos, soños, ... e moito público que quixo achegarse ata Dumbría para disfrutar do teatro.
Moitísimas
gracias a todos/as e xa sabedes que
estades convidados a repetir experiencia a partir do próximo venres.
#DumbríaCoTeatro