25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro, conmemórase o Día internacional contra a violencia de xénero.
Desde o concello de Dumbría queremos manifestar a nosa total repulsa e a máis enérxica das condenas ante unha das evidencias máis virulentas da discriminación por razón de xénero: a violencia contra as mulleres.

Só se toda a sociedade se implica se conseguirá eliminar este tipo de violencia, que nos nosos días segue sendo un dos maiores desafíos ós que debemos enfrontarnos.
A violencia contra as mulleres non entende de razas, culturas, etnias nin clases sociais.
TODOS E TODAS temos a responsabilidade de actuar ante a violencia.
Todos e todas temos o deber de apoiar e manter unha entorna política e social de tolerancia cero ante a violencia contra as mulleres, no que os amigos e amigas, os familiares, a veciñanza, homes e mulleres en xeral, interveñan activamente para impedir que os autores deses actos queden impunes.
Lembrámosvos que no concello temos un servizo de información á muller ó cal podedes acudir tódolos mércores de 13:00 a 15:00 h (PIM- Punto de Información á Muller)
O teléfono de atención a vítimas de malos tratos por violencia de xénero é o 016
#ContraAViolenciadeXénero #igualdade