Ir o contido principal

#400Cervantes: Obradoiro e mostra literaria nas Bibliotecas de Dumbría

Miniatura Noticia

Fecha:

22 / 04 / 2016

Categorías:

Etiquetas:

#400cervantes
aniversario
biblioteca
ElQuijote
lectura
libros
obradoiros



"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho." Cervantes



Tal día coma hoxe, un 22 de abril de 1616 morría unhas das figuras máis grandes da Literatura. Pero, catrocentos anos despois, Miguel de Cervantes pervive.

Cúmprense catro séculos da súa morte, pero a súa obra, con este cuarto centenario, está máis viva ca nunca. Numerosas actividades levadas a cabo por todas as institucións culturais, exposicións, concertos, mostras teatrais, ciclos de cine, programas de investigación, rutas turísticas e numerosas actividades divulgativas e de animación á lectura. 
A obra de Cervantes explica a España e ao mundo, e o mundo compréndese por medio da España e da época. Anos convulsos, de crisis e explendor, que se corresponden co tránsito do Renacemento ao Barroco, e co conflicto de civilizacións que se escenifica no Mediterráneo, e que será, para Cervantes, moito máis que un telón, o teatro de operacións de un home de acción. 

Cervantes sustancia o sentido da vida nos seus libros e agota as posibilidades da existencia humana na súa peripecia vital. Fai moitas cousas en moitas partes, e soña todo o demas, por iso este cuarto centenario ten unha vocación universal e transcende fronteiras e integra a todos os entes.

Na Biblioteca e Axencias de Lectura de Dumbría non quixemos deixar pasar esta oportunidade e celebramos o Día do Libro con mostras bibliográficas dos libros do autor e varios obradoiros adicado a Miguel de Cervantes.

Cervantes é transcendente porque vive mais alá da súa propia existencia, e tamén a súa obra desborda o seu propio cauce.  #400Cervantes é unha invitación a unha viaxe e nas Bibliotecas de Dumbría queremos viaxar!!!

MIRADE O TRABALLO QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DE DUMBRÍA.