45.074 visitantes na Oficina de Turismo do Ézaro durante o ano 2025
OFICINA DE TURISMO (OIT) DO ÉZARO
En 2025 atendeuse a un total de 45.074 visitantes na Oficina de Turismo do Ézaro, un aumento do 12,78% con respecto ao ano anterior. Os meses de maior afluencia foron os de tempada estival: xullo, agosto e setembro; testemuñando así a acusada estacionalidade turística de Galicia.
O perfil do visitante atendido na OIT O Ézaro correspóndese con excursionistas que viaxan en grupo, parellas e familias.
Con respecto á procedencia varía en función da época do ano.
As procedencias máis habituais das que si temos datos son:
Galicia: provincias de A Coruña e Pontevedra.
Resto de España: Madrid, Andalucía, Castela e León, País Vasco, Navarra e Castela a Mancha.
Resto de Europa: Alemaña, Portugal, Francia e Italia.
Resto do Mundo: México e EEUU.
Os tres días de maior número e visitantes atendidos foi o mércores 20 de agosto con 670 visitantes, o mércores 24 de setembro con 656 visitantes e o martes 16 de setembro con 654 visitantes.
CENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS (CIR) MONTE PINDO E FERVENZA DO ÉZARO
En 2025, o CIR volveu abrir as súas portasno verán. En canto á procedencia dos visitantes atendidos, o maior número de visitantes que se achegaron ata aquí foron de procedencia nacional, seguidos moi de preto por visitantes galegos.
Un grande éxito foi a celebración, de novo, das rutas guiadas ao Monte Pindo que se celebraron os xoves e sábados de xullo, agosto e setembro, e nas que participaron un total de 232 persoas.
Tras entregárselles un cuestionario de satisfacción ás persoas participantes, estes foron os resultados:
65% soubo das rutas pola redes sociais e por familiares/amizades.
88,5% valoraron coa máxima puntuación (5/5) a organización previa á ruta.
96,2% valoraron coa máxima puntuación (5/5) a atención durante a ruta.
Que foi o que máis lles gustou? Pepe do Fieiro, os guías, a organización, a paisaxe e as lendas.
97,4% repetirían a experiencia.
100% queren que se continúen facendo.
89,3% estarían dispostos a pagar por facela.
CAMIÑO DE SANTIAGO
PUNTO INFORMACIÓN AO PEREGRINO
En 2025, o Punto de Información ao Peregrino volveu abrir tras uns anos pechado. Foron 2.510 os peregrinos atendidos en xuño, xullo e agosto. A meirande parte eran españois (Madrid, Andalucía, Cataluña e Valencia), seguidos por peregrinos europeos (Portugal, Italia, Francia, Reino Unido e Alemaña).
ALBERGUE OLVEIROA
En 2025 foron 3.925 os peregrinos que se aloxaron no Albergue Municipal de Peregrinos de Olveiroa.
Análise de datos:
Mes de maior afluencia de peregrinos: agosto.
Sexo predominante: masculino.
Rango de idade máis frecuente: 25-44 anos.
Procedencia máis habitual: Europa (Italia, Alemaña e Francia).
Procedencia do resto do mundo máis habitual: EEUU, Corea do Sur, Brasil, Canadá e Xapón.
ALBERGUE DUMBRÍA
En 2025 foron 1.732 os peregrinos que se aloxaron no Albergue Municipal de Peregrinos do Conco, Dumbría.
Análise de datos:
Meses de maior afluencia de peregrinos: xuño, agosto e maio.
Sexo predominante: masculino.
Rango de idade máis frecuente: 45-64 anos.
Procedencia máis habitual: Europa (Italia, Alemaña, Francia e Portugal).
Procedencia do resto do mundo máis habitual: EEUU, Corea do Sur, Canadá e Australia.
*Fotografía no Ézaro de Antonio Armada participante no concurso #DumbríaÉ