Ir o contido principal

ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA NO CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRÍA

Miniatura Noticia

Fecha:

14 / 03 / 2016

Categorías:

Etiquetas:

ceipsantaeulaliadumbria
educación
Estás dubidando onde matricular os teus fillos e fillas para o vindeiro curso?

Quizais aínda non saibas que no CEIP Santa Eulalia de Dumbría poñen en práctica unha aprendizaxe individualizada, contan con mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, teñen aulas dixitais e aula de informática e desfrutan dun comedor con cociña propia

A ANPA organiza actividades extraescolares para todos os nenos e nenas.

E, por se isto fose pouco, poden presumir dun alto nivel de inglés.

Aquí vos deixamos unha pequenísima mostra:

 ver vídeo     
     
 ver vídeo


Educan en valores, promocionando a práctica do deporte, a música, o teatro, a arte, a cultura...

  ver vídeo

Non deixes de visitar o seu BLOG e tamén o FACEBOOK.

Seguro que te sorprenden!

Ensino público de calidade e preto de ti, con unha comunidade educativa implicada, onde mestres/as, alumnos/as e familias reman nunha mesma dirección.


Ata o 29 de marzo permanecerá aberto o prazo de matrícula no CEIP Santa Eulalia de Dumbría para o  curso académico 2016/2017.
A matrícula débese formalizar na Secretaría (de 12:30 a 13:30 h).

Hai que cubrir unha instancia ou solicitude (que podedes descargar dende a web do colexio ou ben recollela en Secretaría) e acompañala da seguinte documentación:
  • Fotocopia do DNI do pai e da nai.
  • Fotocopia das páxinas do libro de familia cos datos dos pais e do alumno/a.
  • Fotocopia do certificado do empadroamento, que deberá solicitarse no concello.
  • Fotocopia da cartilla sanitaria do alumno.
  • Fotocopia da cartilla de vacinación.  
Se aínda vos queda algunha dúbida:

+info: 881880654  - 881880655