Ir o contido principal

ABRIL. MES DOS LIBROS

Miniatura Noticia

Fecha:

14 / 04 / 2015

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
animación á lectura
biblioteca
dia do libro
libros
solta de libros

O 23 de abril de 1616 morrían Cervantes e Shakespeare. Tamén nun 23 de abril naceron – ou finaron – outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo.


Por este motivo, esta data  tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola UNESCO para render unha homenaxe mundial ó libro e ós seus autores. Alentando a todos, en particular ós máis novos, a descubrir o pracer da lectura e a respectar a irreemprazable contribución dos creadores ó progreso social e cultural.





Ao longo da Semana do Libro desenvolveranse na biblioteca e nas axencias de lectura as seguintes sesións de contacontos:

ØOs sete cabritos. 
ØFiz, o coleccionista de Medos. 
ØA Princesa e o chícharo
Ø O coelliño branco
Kalandraka Editora
ØO Pitiño revolucionario



O Conco - Dumbría
Luns 20 ás 17:00 h.
O Ézaro
Martes 21 ás 18:00 h.
Berdeogas
Mércores 22 ás 18:00 h.
Buxantes
Xoves 23 ás 18:00 h.
Olveira
Venres 24 ás 18:00 h.
Dumbría Speaks
"storyteller"
Sábado 25, no Conco
Historias contadas en lingua inglesa.

Ademais, en tódalas bibliotecas haberá una solta de libros.
Achégate a buscar o teu!