Ir o contido principal

ACTIVIDADES DIDÁCTICAS ENTORNO Á AUGA

Miniatura Noticia

Fecha:

17 / 03 / 2015

Categorías:

Etiquetas:

auga
educación
formación
Naturaleza
Do 9 ó 30 de abril desenvolverase un curso que ten por obxectivo a formación de profesorado de Educación Infantil e Primaria, dotándoos de coñecementos e ferramentas que despois poidan levar ás súas aulas.  "Actividades didácticas entorno á auga" achegará xogos, cancións, contos, recursos dixitais e distintos obradoiros ó profesorado dos centros de Dumbría, Cee, Corcubión e Fisterra, e tamén óg dos colexios de Baíñas, O Pindo e A Picota (nos que están escolarizados nenos/as dumbrieses/as).
A actividade persegue que o profesorado que atende ós nosos nenos e nenas teña un coñecemento amplo dos recursos e potencialidades que o entorno no que vivimos, e concretamente a auga, os nosos ríos, nos poden ofrecer.

Este programa está patrocinado polo Concello de Dumbría e a empresa Ferroatlántica.
Certifica a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Centro de Formación e Recursos da Coruña. Imparte Cem, Soc. Coop. Galega.