Ir o contido principal

Andaina 2019 do Concello de Dumbría

Andaina 2019 do Concello de Dumbría

Fecha:

16 / 04 / 2019

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

#DumbríaéDeporte
andaina de Dumbría
andainas
Costa da Morte
senderismo

Andainas "Coñece a Costa da Morte" 2019

Anótate no Concello de Dumbría 981744001 antes do 2 de maio ás 13h

Día da andaina: 4 de maio de 2019

Saída: Xestosa. 10:00 h

Remate: Fervenza do Ézaro

Distancia: 15 km aprox.

Altitude máxima: 434 m (s.n.m.)

Tipo de Roteiro: Lineal

Descarga inicial de buses: 42º57´30.0"N - 9º0.5´25.3"W ( En Xestosa, Buxantes)

Carga final de buses: 42º54´33.3"N - 9º0.7´44.1"W ( No Ézaro)

Roteiro lineal cunha lonxitude total de aproximadamente 15 km. Con saída desde o lugar de Xestosa, na parroquia de Buxantes.
Desde este punto sairemos en dirección ao río Xallas para divisar, preto da saída, a devesa de Anllares.
Camiñaremos ao carón do río Xestosa, que desemboca no primeiro a través dunha fervenza.
Chegaremos ás Teixoeiras, lugar onde se atopa un conxunto de vivendas consideradas das máis antigas do concello (s. XVII). Os teitos destas construcións son d lousas graníticas. A uns 1.400 m cara o río atópase o castro das Teixoeiras.

A parada para o avituallamento realizarase no merendeiro do
río San Crimenzo (aprox. km 7). Este río ten unha lonxitude de 3.6 km e desemboca no encoro de Santa Uxía.

Unha vez reanudemos a marcha, afrontaremos a subida cara o
parque eólico de Miñóns, para dirixirnos cara o Ézaro.
Desde aí encararemos en baixada a xa mítica rampa de cemento, cun 30% de desnivel, convertida nos últimos anos nun punto de peregrinación do mundo do ciclismo, pola que pasou en tres ocasións o pelotón da Vuelta a España, dúas delas en final de etapa.
O final do percorrido sitúase na fervenza do Ézaro.
O Xallas, coñecido como río Ézaro no seu último tramo, precipítase directamente ao mar en forma de fervenza, salvando un desnivel de 40 m. A forza das súas augas orixinou debaixo dela un pozo duns 16 m de profundidade.

Frei Martín Sarmiento, na súa viaxe ata estas terras, abraiado pola súa maxestuosidade, describiuna como unha "catarata prodigiosa".
Dise tamén que os viquingos situaron no estuario do Ézaro un
estaleiro onde reparaban as súas naves, durante a invasión
normanda.

Díptico completo da Andaina

#DumbríaéDeporte

Andainas Coñece a Costa da Morte