Ir o contido principal

Andaina: CHAN DAS LAGOAS - CARBALLEIRA DE BERDEOGAS

Miniatura Noticia

Fecha:

27 / 04 / 2015

Categorías:

Etiquetas:

andainas
carballeira de Berdeogas
deporte
senderismo
Día: sábado 2 de maio
Saída: Casa Cultural de Olveira. 10:00 h
Remate: Praza da Igrexa de Berdeogas
Distancia: 15 km aprox.
Altitude máxima: 530 m (s.n.m.)
Tipo de Roteiro: Lineal
O concello organiza o 2 de maio un roteiro con saída na Casa Cultural de Olveira, que a través dos montes desta parroquia nos ofrece unha inmellorable panorámica do val do Xallas e o o encoro da Fervenza. Atravesando o Chan das Lagoas, entraremos en terras da parroquia de Berdeogas e remataremos a nosa andaina descubirndo a carballeira, na que se atopa a fermosa Devesa da Lúa.
No percorrido, pasaremos pola estación de control marítimo do Chan das Lagoas, no que se atopa un dos cinco mellores radares de seguimento marítimo do mundo, situada no Alto da Cruz de Cabral.
Dese aí pódese avistar, se o ceo está despexado, practicamente toda a Costa da Morte, desde Malpica ata a Serra do Barbanza, o Val de Soneira e a comarca do Xallas.
Preto da estación atópase o nacemento do río Hospital e os restos das antigas lagoas, que deron nome á mesma.
Visitaremos tamén a Carballeira de Berdeogas, situada ó carón da igrexa parroquial (s.XVI - XVIII. Barroco), en cuxo exterior se atopan sarcófagos de finais do s.XIX.
Na carballeira localízase un castro e tamén destaca o conxunto etnográfico conformado pola casa reitoral, o cabazo e o palomar.

Este roteiro enmárcase dentro das ANDAINAS 2015: COÑECE A COSTA DA MORTE, que é un programa no que participan 8 concellos e que ten como obxectivo o fomento do deporte e a promoción do patrimonio cultural e paisaxístico comarcal.

INSCRICIÓNS:
-Debes inscribirte no teu concello e, no caso de non pertencer a ningún dos concellos organizadores (Camariñas, Vimianzo, Dumbría, Zas, Cee, Carnota, Corcubión, Fisterra e Muxía), poderás inscribirte en calquera deles.
-Poden participar nenos/as a partir de 7 anos, acompañados dun adulto responsable e os pais deberán asinar unha autorización.
-O prazo de inscrición rematará o xoves previo á realización da actividade.
-Todos os participantes estarán cubertos por un seguro de accidentes.

AGARDÁMOSTE!