Ir o contido principal

Andaina. Polo río Albarellos

andaina polo río Albarellos

Fecha:

17 / 05 / 2026

Categorías:

Actividades Municipais
Cultura
Deporte
Turismo

Etiquetas:

 MAIO DE LETRAS
O sábado, 17 de maio, celebraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS facendo a andaina POLO RÍO ALBARELLOS
 
‼️IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN

🗓️ Sábado 17 de maio de 2026
📍 Ruta CIRCULAR: Saída - chegada: praza de Berdeogas
🕤 Hora saída: 9:30 h.
⭕ Distancia: 15 km aprox.
👉 Dificultade técnica: moderada
·
Co #ExploraDumbría, e a través da actividade física, coñecerás parte do patrimonio natural e cultural de Dumbría. Disfrutarás de paraxes naturais e xoias arquitectónicas únicas.
Será un roteiro que, seguindo o cauce do río Albarellos, nos conducirá a través de toda a parroquia de Berdeogas.
Desde a zona do Chan das Lagoas (o lugar máis elevado do concello é alto da Cruz, con 532 m de altitude), en días despexados, avístase practicamente toda a Costa da Morte, desde Malpica ata a Serra do Barbanza, o val de Soneira e a comarca do Xallas, ofrecendo tamén unha panorámica do encoro da Fervenza.
Despois de pasar pola presa da Laxe, remataremos na carballeira de Berdeogas, na Devesa da Lúa, situada ao carón da igrexa parroquial, o castro e o conxunto etnográfico conformado pola casa reitoral, o cabazo e o pombal.
·

REGULAMENTO PARA A PARTICIPACIÓN:

🚗 A andaina será CIRCULAR

As persoas participantes deberán desprazarse nos seus vehículos ata a praza de Berdeogas

A andaina arrancará ás 9:30 h

  • Domingo 17de maio de 2026
  • Saída ás 9:30 h
  • Distancia: aprox. 15 km
  • Dificultade técnica: moderada
  • Percorrido da andaina: Praza de Berdeogas - Chan das Lagoas - presa da Laxe - carballeira de Berdeogas
  • Altitude máxima: 530 m (s.n.m.)

As persoas participantes teñen a obriga de cumprir e atender as indicacións da organización.

As persoas participantes deberán atoparse en bo estado de saúde, non recomendándose a participación de persoas con patoloxías que desaconsellen este tipo de actividade.

Deberase camiñar entre o guía que encabeza a andaina e o que vai pechando a mesma. Non se poderá adiantar en ningún momento ao guía que abre a marcha, prohibíndose, por seguridade, saír do percorrido sinalado polo mesmo.

O ritmo da ruta adaptarase, de maneira que permita a todas as persoas participantes a realización da mesma.

Poderanse levar a cabo reagrupamentos se a organización o considera oportuno.

Os menores de idade deben ir acompañados dunha persoa adulta e con autorización dun proxenitor ou titor legal.

No caso de abandono voluntario por parte da persoa participante, este debe ser comunicado á organización.

A actividade conta cun seguro de accidentes. As persoas participantes teñen a obriga de comunicar á organización calquera incidente ou contratempo sufrido no percorrido da andaina ANTES DE ABANDONAR A ACTIVIDADE.

As persoas participantes comprométense a non deixar lixo abandonado ao longo do percorrido.

As mascotas están permitidas sempre e cando vaian coa correa posta.

O Concello poderá suspender a actividade se as condicións meteorolóxicas fosen adversas, ou por calquera outra causa que puidese afectar ao desenvolvemento da mesma. Así mesmo, a organización poderá modificar o percorrido se considera que supón algún tipo de risco para o grupo.

As inscricións realizaranse a través do formulario en liña.

Esta actividade ten un número limitado de prazas.

Avituallamento: o Concello facilitará gratuitamente un avituallamento sólido e líquido (auga, froita, ...) aproximadamente á metade do percorrido.

Consellos para as persoas participantes:

  • Levar teléfono móbil e coa batería cargada
  • Levar roupa e calzado axeitado de acordo ao terreo e á climatoloxía
  • No caso de sufrir alerxias a picaduras de insectos, pole ou vexetación, a persoa participante debe telo previsto
  • Usar crema de protección solar
  • Levar gorra
  • Recoméndase beber ao longo de todo o percorrido (auga, bebida isotónica,...)