Ir o contido principal

Axudas ó estudo: proxecto Green Education en Dumbría

Miniatura Noticia

Fecha:

22 / 09 / 2016

Categorías:

Etiquetas:

becas
bolsas
edp renovaveis
educación
estudos


A empresa EDP RENOVÁVEIS  presenta no Concello de Dumbría o proxecto Green Education no que o seu obxetivo é ofrecer BECAS  para familias con poucos recursos económicos.

As becas consistirán en 500€  para rapaces de Ensinanza Infantil, Primaria e Secundaria; 1000 € para Bacharelato e Formación Profesional e 2000 € para Ensinanza Universitaria.

Deberá presentarse no concello de Dumbría ou por correo a seguinte documentación, aínda que será EDP Renováveis quen realice o proceso de selección:


  • Impreso de solicitude: que se facilitará no Concello de Dumbría
  • Carta do candidato/a explicando resumidamente por qué motivo solicita a beca.
  • Fotocopia do Libro de Familia
  • Fotocopia da matrícula para o ano 2016/2017
  • Fotocopia dadeclaración da renta dos pais do ano 2015 ou documento que probe os ingresos do ano 2015.
O prazo para ter dereito á axuda remata o 30 de setembro de 2016. Podedes chamar ó concello para ter máis información.