Ir o contido principal

BUXANTES CALIDADE

Miniatura Noticia

Fecha:

11 / 02 / 2015

Categorías:

Etiquetas:

Buxantes
comparsa
Dumbría
entroido
música
parodia
A comparsa BUXANTES CALIDADE cumpre este febreiro 10 anos.
Nace no entroido de 2005 da man dun grupo de rapaces, rapazas, nais e pais de Buxantes, ó que despois se van unindo veciños/as doutras parroquias.


Dende este espazo queremos recoñecer os grandes momentos que nos deron durante estes anos, tanto no Entroido de Dumbría coma nos doutros concellos da contorna, e recoñecer todo o traballo e esforzo que cada un dos seus integrantes e as súas familias poñen nisto día a día: ensaios, coreografías, vestiario, maquillaxe; horas e horas de adicación para deleitarnos cun espectáculo digno de representarse no mellor dos escenarios. 

Parabéns, e que nos sigades sorprendendo e emocionando #BUXANTESCALIDADE