Ir o contido principal

Calendario 2015: Dumbría doce olladas

Miniatura Noticia

Fecha:

23 / 12 / 2014

Categorías:

Etiquetas:

12 olladas. fotografía
calendario 2015
Concello Dumbría
concurso
Dumbría

"Unha mirada é unha forma de percibir o mundo, unha reflexión sobre a realidade, pois o enfoque e o punto de vista transforman o que observamos. Cada mirada é unha emoción única e silenciosa que chega directa ao corazón dos demais.
Noraboa por ver, por observar, por estas 12 olladas que se pousan no noso concello. Noraboa por estar, por compartir e formar parte del.
Feliz 2015."
José Manuel Pequeño.
Alcalde de Dumbría.

Fai case un ano arrancaba o noso proxecto "Dumbría 12 olladas" do Concello de Dumbría que pretende fomentar a participación da cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe. O resultado non pode ser máis bonito, unha colección de 12 imaxes, cada unha cun significado e un motivo que forman parte do




Preme no link para ver tódalas imaxes ganadoras ampliadas:

Os gañadores de cada ollada son:
XANEIRO
Dumbría é Auga.

Manuel Ovidio Castro Rodríguez. “Cascada”.

“Foi un día de moito temporal. A fervenza estaba con moita auga e acompañei a Marcos Rodríguez a e elixina porque a fervenza levaba moitísimo auga.”

FEBREIRO
Dumbría é Verde.

Antonio Fernández Martínez. “Fervenza, en río Hospital”.

"Eu nacín literalmente enriba dun río, crieime á beira do mesmo, rin e chorei con el, mergulleime infinidade de veces, bebín, que cristalino daquela; aprendín a nadar - non había piscinas . Ás veces dábame algunha troita, mellor dito collíalla, había moitas... Con el aprendín a amar a natureza, a ver ríos de cores e matices diferentes, entre os que destaca o marco incomparable deste máxico recanto do concello de Dumbría, e sobre todo porque é verde."


MARZO
Dumbría é Cultura.

Lucía Cambeiro Agulleiro. “Buxantes é música. Buxantes é arte”.
"Moitos din que unha imaxe vale máis que mil palabras, eu tan só digo que a mestura de sentimentos que xorden de atoparse neste lugar tan idílico como é a Capela das Neves e escoitar o son deles, os Gaiteiros de Buxantes; iso sí que é imposible de explicar en mil palabras e recollelo nunha imaxe. ¡Vén e víveo!"

ABRIL
Dumbría é Branco e Negro.

Silvia Castro García. “Area pequena-O Forcado-Pedra Maior”.
“Decidín escoller a foto das tres praias para que se vexa o antes e o despois do pobo de O Ézaro.”


MAIO
Dumbría é Camiño.

Quino Pais. “Camiño de Fisterra”.
“Elixín esta fotografía porque ten un camiño serpeante, destacando aos peregrinos e ao sinal da cuncha. En definitiva, un todo nun.”


XUÑO
Dumbría é Deporte.

Jorge Rodríguez Pérez. “Campionato Galego Volei Praia”.
“Fíxena porque o volei praia é un deporte minoritario e necesítase potenciar unha disciplina como esta, e neste caso pico e máis característico do volei praia feminino, marcar a xogada.”


XULLO
Dumbría é Solpor.

Manuel González Franco. “Posta de sol dende o Monte Peñafiel”.
“Elixina por ser tomada dende un lugar pouco habitual como é o Monte Peñafiel, parte do Monte Pindo, situado nas proximidades de O Ézaro. O solpor no Ézaro entre os meses de Novembro a Xaneiro son dos mellores da Costa da Morte e cada unha delas e diferente e irrepetible.”


AGOSTO
Dumbría é Única.

 Jorge Juan Lado Castro.
“Eu non teño a culpa de vivir aquí... simplemente tiven sorte”.

“Decidín participar con esta foto para ensinar a única praia de Dumbría. Tal e como se aprecia na foto, é espectacular e con bandeira azul.”


SETEMBRO
Dumbría é Tradición.

Jorge Rodríguez Pérez. “Beleza e Tradición unidas pola Natureza”.
“Penso que a Beleza dos cabalos vai ligada á beleza do entorno na Carballeira de Berdeogas e creo que escenifica á perfección a tradición que teñen os cabalos en Dumbría e, sobre todo, na Carballeira.”


OUTUBRO
Dumbría é Arquitectura.

Jorge Rodríguez Pérez. “Arquitectura en forma de natureza”.
“Creo que a imaxe representa perfectamente o que é Dumbría en Arquitectura: innovación. Con respecto á natureza: colorido, modernidade. Unha imaxe vale mais que mil palabras.”


NOVEMBRO
Dumbría é Pedra.

Quino Pais. “A auga pode coa pedra”.
“É un sitio pouco coñecido e agora, co caudal ecolóxico, é case imposible de ver. Elixina para que a xente poida apreciar o bonito do sitio, así como o feito de que a auga é capaz de transformar e pulir a pedra ao seu antollo co simple paso do tempo.”


DECEMBRO
Dumbría é Nadal.

Silvia Castro García. “Que chega... que chega o Nadal!”.

“A Volta Ciclista transmitiunos alegría, ilusión e agasallos. Foi o Papá Noel de Dumbría”.



NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES
Neste link, poderás ver tódalas fotos dos participantes do concurso de "Doce Olladas.Desfruta, comparte e descobre Dumbría.

FOTOS DO CONCURSO 12 OLLADAS.

PODES DESCARGAR O CALENDARIO DUMBRIA 2015 " DOCE OLLADAS"





Gracias a: José Guillén Alonso, Manuel González Franco, María Cambeiro, Silvia Castro García, M. Ovidio Castro Rodríguez, Jorge Pérez González, Irma Canosa González, Marcos Regueira Ramos, Antonio Fernández Martínez, María Jesús Lema Paz, Javier Figueira Méndez, Rafael Eirín Toba, Josefina Balboa, José Ángel Trillo Paz, Gema Pola, Adoración Ramos, Bienvenido Rodeiro, Tomás García, Beatriz Ferreiro, Jose Carlos Fernández, Francisco Blanco Álvarez, Jorge Vieites Graña, Miguel Vidal Ferreiro, Rosario López Leiro, Junquera Blanco Álvarez, Javier Andrade Mareque, Luís de la Torre Alonso, Juan de la Torre Alonso, Miguel Marcote Estévez, Manuela Insua, Esperanza Vázquez, Teodoro Rama, Jose Felipe Rama, Mercedes Lema, Montserrat Redonda Santiago, Manuel Piñeiro, Marcos Regueira Ramos, Lucía Cambeiro Agulleiro, José Guillén Alonso, Modesto García Quintáns, Nieves García Centeno, Quino Pais, Jorge Rodríguez Pérez, Trinidad Mouzo Agulleiro, Cristina Mouzo Espasandín, Mauro Louro González, Jorge Juan Castro Lado e Fernanda Fuentes.

Gracias a todos vós por participar e colaborar neste novo proxecto!!

#DumbríaéCultura #DumbríaéTurismo

@DumbriaeCultura JORGE PARRI FotografiasAsociación ASPADEX Mauro Fotografía