CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN

A Deputación da Coruña pon en marcha o programa de Campamentos Deportivos para o ano 2015.
Estes campamentos están destinados ós rapaces nados nos anos:
Grupo A: 2005, 2004, 2003, 2002 e 2001. Grupo B: 2000, 1999 e 1998, residentes na provincia.
A sede dos campamentos será o centro Calvo Sotelo (A Coruña).
Cuota de inscrición: 85 €.
AMPLO PROGRAMA DE ACTIVIDADES: Deportes náuticos, equitación, paseos a cabalo,multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseosen barco.
Pernocta dunha noite en tenda de campaña.
Ademáis…
Deportes: Tenis, voleibol praia, fútbol 7, baloncesto,voleibol, batuka, capoeira, hip-hop.
ESTE ANO: DEPORTE+INGLÉS para os mozos/as nados nos anos 2000, 1999 e 1998.
VELADAS NOCTURNAS:
Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demáis.
ACTIVIDADES CULTURAIS:
Visita a centros de interese cultural na comarca, e na cidade da Coruña.
Ó concello de Dumbría perténcenlle as seguintes quendas:
GRUPO A: do 12 ao 18 de xullo.
GRUPO B: do 19 ao 25 de xullo.
GRUPO A: do 12 ao 18 de xullo.
GRUPO B: do 19 ao 25 de xullo.
Os interesados en participar teñen ata o 29 de maio para inscribirse nas oficinas municipais.
PRAZAS LIMITADAS!
PRAZAS LIMITADAS!