Neste 2025 o número de raíñas de vespa velutina capturadas no noso concello duplicou as do ano pasado, acadando preto dos 12.000 exemplares.
Ás 250 trampas entregadas á veciñanza e mais as 50 colocadas polo propio concello o ano pasado, sumáronselle este ano outras tantas, acadando máis de medio milleiro delas repartidas polo territorio municipal.
Esta é unha loita na que todas e todos debemos colaborar para así protexer o noso medio e a nosa propia seguridade.
Lembra que, se detectas algún niño de velutinas, debes contactar coa Xunta a través do
012 ou da web www.xunta.gal/servizo-do-012