Ir o contido principal

CIR Monte Pindo e Fervenza do Ézaro

CIR Monte Pindo e Fervenza do Ézaro

Fecha:

08 / 08 / 2018

Categorías:

Etiquetas:

O Centro de Interprtación de Rutas (CIR) é un espazo digulgativo para o coñecemento do Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro. Está deseñado para ofrecer unha experiencia onde a emoción xoga un rol fundamental para descubrir e respetar este espazo natural único.

IMG_5940

No CIR atoparás toda a información relativa ás rutas, a historia, as lendas, a flora, a fauna,... Ademais podes acceder de maneira virtual a todos os contidos do centro a través de códigos QR.

Habitualmente, nos meses de verán, o CIR desenvolve rutas de sendeirismo guiadas ao Monte Pindo, unha gran oportunidade de descubrir parte dos misterios do Olimpo Celta da man do mellor explorador do Monte Pindo, o Señor Pepe do Fieiro. Como novidade, este verán a oferta de rutas e visitas guiadas é maior!

O CIR está situado na estrada comarcal AC-550, Cee - Muros, á altura do desvío que leva á Fervenza do Ézaro.

INFORMACIÓN ADICIONAL:

    • TELÉFONO: 662 34 69 27
    • MAIL: turismodumbria@gmail.com 
#DumbríaéTurismo