Ir o contido principal

Clases de gaita

Miniatura Noticia

Fecha:

28 / 11 / 2014

Categorías:

Etiquetas:

actividades culturais
asociacións en dumbría
casas culturais
gaita
música
música tradicional






O Concello de Dumbría en colaboración coa Asociación de Veciños Marco do Couto ofrece este ano unha nova actividade culturalclases de gaita. 
Será gratuíta para tódolos veciños/as de Dumbría que queiran iniciarse neste instrumento ou integrarse no grupo de gaitas xa existente. 

As clases serán en Buxantes, nun principio os sábados. Podes inscribirte nas  Oficinas Municipais, 
Teléfono: 981 744 001 e nas Casas Culturais ata 0 15 de decembro.


O grupo Gaiteiros de Buxantes está composto por máis de 20 persoas que manteñen viva a tradición e o folclore no noso concello.

Para as persoas todo son é importante; e cando ese son é musica tradicional coa que pode experimentar sentimentos e emocións coas que se sinte identificado, fai que sexa aínda máis especial. 

O son dunha gaita ou dunha pandeireta; a música tradicional que nunca debemos esquencer.