Concurso de Fotografía #DumbríaÉ

📸 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐅𝐨𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚𝐟𝐢́𝐚 #DUMBRÍAÉ
O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ para promover o noso impresionante patrimonio cultural e natural. Queremos que amoses o mellor de Dumbría a través da túa cámara!
𝐓𝐞𝐦𝐚́𝐭𝐢𝐜𝐚:
Fotografía o que fai de Dumbría un lugar único: o seu patrimonio, natureza, festividades, eventos, tradicións, deporte, cultura, o Camiño de Santiago, ríos, montes, gastronomía local e hostalería. As imaxes poden ser antigas ou actuais, de día ou de noite.
𝐏𝐚𝐫𝐭𝐢𝐜𝐢𝐩𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧:
Para participar, segue o noso Facebook ou Instagram e envía ata 5 fotos con título e descrición. As imaxes deben ter boa calidade (mínimo 300x200mm a 300ppp) e estar en formato JPEG, PNG ou TIFF, en cor ou branco e negro. A participación é libre e gratuíta, para maiores de 14 anos.
𝐏𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬:
Temos 12 bonos de 100 € para gastar en establecementos hostaleiros e comerciais do concello. Cada participante pode gañar ata 3 premios. As fotografías gañadoras serán seleccionadas por votación popular e un xurado especializado.
𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨:
Envía as túas fotos antes do 30 de setembro de 2024.
ℹ Bases concurso⬇️
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐂𝐈𝐏𝐀⬇️
https://pr.easypromosapp.com/p/979391
Esperamos as túas mellores fotografías!
