Ir o contido principal

CONCURSO FOTOGRÁFICO #Dumbríaé

CONCURSO FOTOGRÁFICO #Dumbríaé

Fecha:

14 / 12 / 2018

Categorías:

Cultura
Turismo

Etiquetas:

#Dumbríaé
#DumbríaéNadal
Dumbríaéturismo

Os Departamentos de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría lanzamos a nova edición do noso concurso de fotografía #Dumbríaé. Este ano decidimos cambiar de estación e buscamos fotografías do inverno. Dumbría ten unha chea de cousas bonitas, non só de verán, e por iso queremos que nos enviedes fotos desta época do ano!

Cando? Do 15 de decembro de 2018 ao 16 de xaneiro de 2019.

Onde? Nas redes sociais do Concello de Dumbría: Facebook,                           Twitter e Instagram.

Que sorteamos? 5 lotes de productos promocionais do Concello de Dumbría.

Que fotos / vídeos? Aqueles que amosen as actividades, os lugares,  as paisaxes, as persoas que viven en Dumbría,...

Anímate a participar!

Cartaz do concurso #Dumbríaé

BASES DO CONCURSO:

  • No concurso poden participar aqueles usuarios que promocionen e difundan o Concello de Dumbría realizando fotografías e vídeos representativos de Dumbría con calquera temática (patrimonio, natureza, festas, tradicións, deporte, persoas, etc). Fotos e vídeos feitos no propio concello ou fóra del e que o suban ás redes sociais do concurso (Facebook, Twitter ou Instagram)  coa etiqueta #Dumbríaé.
  • O concurso é valido para todas as fotografías / vídeos que se compartan e etiqueten entre o  15 dedecembro de 2018  e o 15 de xaneiro de 2019 (ámbolos dous inclusive) a Instagram, Facebook e Twitter co hashtag #Dumbríaé. Non se aceptarán fotografías compartidas fóra destas datas.
  • Entre todas as persoas participantes sortearemos 5 lotes de material promocional do Concello de Dumbría. O sorteo farase público unha vez finalizada a data de participación e os premios entregaranse nun acto público.
  • Só as fotografías / vídeos que cumpran coa temática do concurso e cos requisitos especificados nestas bases poderán entrar na fase de concurso.
  • A participación no concurso é de balde e non require inscrición algunha;  quedando supeditada a que o participante siga a mecánica de participación establecida nas distintas redes sociais: Instagram, Facebook e Twitter.
  • O Concello de Dmbría resérvase o dereito a denunciar ou pedir a eliminación da fotografía / vídeo, se algunha imaxe vulnera dereitos persoais, resulta ofensiva ou discriminatoria.
  • Para que unha fotografía /vídeo entre en concurso debe ser etiquetada co hashtag #Dumbríaé e compartila con perfil público en Instagram, Facebook ou Twitter. As fotos que non sexan etiquetadas polo seu autor con ese hashtag non participarán no concurso.
  • Cada participante pode subir tantas fotos como queira, dentro das datas do concurso.
  • O criterio para a elección das persoas gañadoras será un sorteo aleatorio creado por unha páxina de Internet.
  • Os concursantes ceden os dereitos de imaxe das súas fotografías / vídeos para que o Concello de Dumbría poida usar dito material para promoción en calquera canle ou medio de comunicación.
  • A participación no sorteo leva emparellada a autorización para publicar o nome e os apelidos da persoa gañadora nos diferentes medios impresos e dixitais que utiliza o Concello de Dumbría. Tamén conleva a aceptación da utilización dos seus datos conforme á Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal e ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea (GDPR).
  • A organización poñerase en contacto co gañador a través das redes sociais e polas vías ao seu alcance que considere oportunas.
  • A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra das presentes bases.

PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Os participantes aceptan, mediante a súa participación no presente concurso, que os contidos e os comentarios que vaian ser publicados nas redes sociais ou outros medios podan ser compartidos nos medios que o Concello de Dumbría estime oportuno. A participación nun concurso desta natureza supón a aceptación das normas das redes sociais nas que se difunde.

Non é necesario o rexistro previo mediante inscripción algunha. O Concello de Dumbría non recollerá ningún dato para a inscrición, xa que a participación é pública. Únicamente será necesaria a recollida de datos persoais das persoas gañadoras dos premios para a posterior entrega de premios.

BASES DE CONCURSO FOTOGRÁFICO 2018

RRSS do Concello de Dumbría 


Facebook: https://www.facebook.com/ConcelloDeDumbria
Twitter: https://twitter.com/ConcelloDumbria
Instagram: https://www.instagram.com/concellodedumbria/

#Dumbríaé #DumbríaéTurismo #DumbríaéCultura