Ir o contido principal

CONCURSO FOTOGRÁFICO #DUMBRÍAÉ

CONCURSO FOTOGRÁFICO #DUMBRÍAÉ

Fecha:

05 / 07 / 2024

Categorías:

Novas

Etiquetas:


O Concello de Dumbría lanza o concurso de fotografía #DUMBRÍAÉ

Amosa o mellor de Dumbría a través da túa cámara!

 

TEMÁTICA

Fotografía o que fai de Dumbría un lugar único: o seu patrimonio, natureza, festividades, eventos, tradicións, deporte, cultura, o Camiño de Santiago, ríos, montes, gastronomía local e hostalería,... 

As imaxes poden ser antigas ou actuais, de día ou de noite.

 

PARTICIPACIÓN

Para participar, debes ser seguidor do noso Facebook ou Instagram e enviar ata 5 fotos (máx.) con título e descrición.

As imaxes deben ter boa calidade (mínimo 300x200mm a 300ppp) e estar

en formato JPEG, PNG ou TIFF; en cor ou branco e negro.

A participación é libre e gratuíta. Para maiores de 14 anos.

 

PREMIOS

Temos 12 bonos de 100 € para gastar en establecementos hostaleiros ou comerciais do concello.

Cada participante pode gañar como máximo 3 premios. As fotografías gañadoras serán seleccionadas por votación popular e un xurado especializado.

 

PRAZO

Envía as túas fotos antes do 30 de setembro de 2024.

 



 

BASES DO CONCURSO



 

PARTICIPA

> LIGAZÓN AO CONCURSO:



 

 


Esperamos as túas mellores fotografías!.