Ir o contido principal

🎵 CORENTENA MUSICAL EN DUMBRÍA

🎵 CORENTENA MUSICAL EN DUMBRÍA

Fecha:

10 / 07 / 2020

Categorías:

Cultura

Etiquetas:

corentena
cultura
Dumbría
dumbríaécultura
escola de música
gaiteiros de Buxantes
música
música tradicional

🎤🎷🎹🎸🎶 Deixámosvos aquí unha recompilación das colaboracións musicais que puidemos desfrutar durante as semanas do confinamento causado pola COVID-19.

Non cansaremos de agradecer a todas as nosas veciñas e veciños que, desinteresadamente, nos fixeron estes días un pouco máis levadeiros.

Moitísimas grazas, artistas! 🎼

Á pandeireta, ao pandeiro, ao tambor e ao que lle poñan diante, con este impoñente vozarrón, Rebeca Rama, interpretando a Xota de Santa Uxía, a súa aldea natal:
https://www.youtube.com/embed/yUUzDGxwnu0
Coa súa profesional, traballada e bonita voz, desde o bar Zubiela, en Dumbría, interpretando "Me dueles" e "Hoy tengo ganas de ti", Esther Lado:
https://www.youtube.com/embed/hByibvuKz14
https://www.youtube.com/embed/XFjUIYEfjnw
A voz doce e melodiosa de Alexandra Suárez, neta dun dos fundadores da Orquestra Lira de Dumbría:
https://www.youtube.com/embed/TKGOUJMWhLU
Á pandeireta, e cantando así de bonito, unha de música tradicional coa nosa teacher, Natalia, coa que celebrabamos o Día das Letras Galegas 2020:
https://www.youtube.com/embed/jXDJLdnqCZA
Á gaita, Irene, dos Gaiteiros de Buxantes:
https://www.youtube.com/embed/XSfn64NSkV8
Tamén á gaita e compoñente dos Gaiteiros de Buxantes, Daniel:
https://www.youtube.com/embed/nvIv1zq4VMM
As tradicionais e acompasadas voces do grupo de pandeireteiras de Folerpas, da Banda Invernía, na que se integran os Gaiteiros de Buxantes:
https://www.youtube.com/embed/qwVlS-KkRUw
Á pandeireta e cantando unha xota, Soraya:
https://www.youtube.com/embed/u0h1cRt78Xw
Ao saxo, interpretando Minuet e Believer, Carla:
https://www.youtube.com/embed/g3ElvQTQIa4
https://www.youtube.com/embed/s1YK0vrcvuY
Ao piano, Samira:
https://www.youtube.com/embed/qm2y0R_iR9w
https://www.youtube.com/embed/_SLelRX5E-Y
Á guitarra, versionando Tequila Sunrise, de Eagles, Diego Casais Ayala:
https://www.youtube.com/embed/3Q4-I4fWu4U