CURSOS INFORMÁTICA: EDICIÓN DE VÍDEO E IMAXE


- Edición de vídeo con Windows Movie Maker (12 horas)
Aprende todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, a engadir efectos sonoros, voces e gravación de música.
Cada participante creará o seu propio vídeo sobre un tema determinado que serán difundidos na rede unha vez rematado o curso.
- Edición de imaxes con Picasa (10 horas)
Se che gusta a fotografía, queres facer álbums dixitais, retocar fotos ou dixitalizar as túas fotos antigas, neste taller aprenderás a facelo dun xeito sinxelo e rápido.
Se queres asistir, anótate antes do 23 de decembro nas Casas Culturais ou nas oficinas municipais (Teléf.: 981 744 001)