Día da Biblioteca 2014

Mañá 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Este ano co pregón homenaxe a Ana María Matute.
Preparamos unha actividade de animación á lectura, na Biblioteca do Ézaro e en Olveira, así como unha mostra bibliográfica sobre a autora homenaxeada e unha solta de libros: poderás coller os libros que xa non forman parte dos nosos fondos.