Dumbría, 12 olladas

Actuación promovida polas Concellerías de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría que pretende fomentar a participación da cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe.
Cada mes estará adicado a unha temática:
Xaneiro: DumbríaéAuga
Febreiro: DumbríaéVerde
Marzo: DumbríaéCultura
Abril: DumbríaéB/N
Maio: DumbríaéCamiño
Xuño: DumbríaéDeporte
Xullo: DumbríaéSolpor
Agosto: DumbríaéÚnica
Setembro: DumbríaéTradición
Outubro: DumbríaéArquitectura
Novembro: DumbríaéPedra
Decembro: DumbríaéNadal
E para participar só será necesario enviar as túas fotos por correo electrónico a : turismodumbria@gmail.com antes do día 15 do mes seguinte. Cada mes está adicado a unha temática e comenzamos esta edición coa auga, podes retratar os ríos, a praia, as fontes..o que se che ocorra...mesmo a choiva!!.
Bótalle imaxinación e coas mellores fotos faremos o calendario do ano 2015!!!...e para as fotos que máis "Me gusta" teñan no Facebook , dentro de cada temática un pequeno agasallo.
Podes consultar as bases da edición e anímate a participar!!
Mail: turismodumbria@gmail.com
Facebook/ConcelloDeDumbría