Dumbría en negro contra as violencias

Segundo ONU Mulleres, o 35% das mulleres do planeta sufriron violencia física e/ou sexual por parte do seu compañeiro sentimental ou violencia sexual dunha persoa distinta deste nalgún momento da súa vida. No Estado español, desde o 2003 foron asasinadas case 1000 mulleres e no que vai de ano a violencia de xénero rematou coa vida de 43 mulleres, 3 delas en Galicia.
En resposta a esta realidade o CONCELLO DE DUMBRIA sumase á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, un compromiso político que busca a implicación social e que amosa o seu rexeitamento a todo tipo de violencias machistas.
sumase á campaña EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS, un compromiso político que busca a implicación social e que amosa o seu rexeitamento a todo tipo de violencias machistas.
O compromiso social contra a violencia machista é imprescindible para acabar de forma definitiva con esta lacra, por isto, facemos un chamamento a todas as organizacións e persoas comprometidas e implicadas a participar no acto de denuncia en torno a este día, a recoñecer a responsabilidade que temos as institucións e o conxunto da sociedade no mantemento desta realidade e a visibilizar e recoñecer a todas as mulleres que están nesta situación, evitando sempre a súa revitimización.
Esta situación é insostible para calquera sociedade que se considere democrática, pois estamos a falar do máis elemental dos dereitos humanos, o dereito á vida.
#violenciamachista #ennegrocontraaviolencia #dumbriaennegro