Ir o contido principal

#DumbríaEntreLiñas: Ignacio Vilar

Miniatura Noticia

Fecha:

29 / 05 / 2017

Categorías:

Etiquetas:

A esmorga
cine
club de lectura
Costa da Morte
Dumbriaentreliñas
ignacio vilar



director Ignacio Vilar viviu a súa infancia na aldea galega de Castrofolla (Petín de Valdeorras, Ourense, Galicia). Nas noites frías do inverno, arredor do lume da lareira dos seus avós, escoitou historias inmemoriais en galego. A vida na aldea, a relación coa natureza e as historias escoitadas á calor do lume farán espertar e alimentarán logo a súa paixón polo cinema. 
Aos oito anos olla por primeira vez un filme e queda abraiado. Para el, a luz que cintila na pantalla é a mesma que reflicte o lume na lareira. O cinema convértese no medio para seguir contando historias. Na adolescencia permanece interno nun colexio da cidade de Ourense. Sae para ollar cinema no cine Xesteira, no Mari, no Principal, no Avenida, no Losada. 
Aos dezaoitos anos trasládase a Barcelona e alí, na Universidade Central, funda unha escola de cine, na que se estudan as grandes películas da historia, así como a montaxe, dirección de actores, rodaxe de documentais e curtas. Inicia tamén un proxecto de difusión de filmes polos barrios de Barcelona, polas cidades, vilas e aldeas de Catalunya. Na Filmoteca ten a oportunidade de coñecer o mellor cine do mundo. 

En 1989 gaña o Carlos Velo polo guión Ollo Birollo, volve a Galicia e monta a produtora Vía Láctea Filmes, coa que dirixe curtas en 35mm, documentais e series documentais para televisión. Tamén dirixe ás longametraxes Ilegal (2001), Un bosque de música (2003), Pradolongo (2007), Vilamor (2011),  A Esmorga(2014) e Sicixia (2016)






A Esmorga

2014. Longametraxe en Cine Dixital/Alta Definición (HD). 111 minutos.

Filme baseado na novela de Eduardo Blanco Amor do mesmo título. 
Actores
Cibrán (Miguel de Lira), O Bocas (Karra Elejalde), Milhomes (Antonio Durán (Morris)
Rodaxe
20 de xaneiro ata 27 de marzo 2014. 
Lugares de rodaxe
Provincia de Ourense: Cidade de Ourense, O Carballiño, Ribadavia e Boborás. Provincia de Lugo: Monforte de Lemos, O Saviñao, Ferreira de Pantón. Provincia de A Coruña: Concello de Touro. 
Estrea
Venres, 21 de novembro 2014, nos cines de todas as cidades e vilas. 
Venres, 8 de maio de 2015, nos cines de Madrid, Barcelona, Euskadi, Navarra e Illas Balears.
Dirixida por Ignacio Vilar
Premios
2016: Festival de Toulouse (Mellor Director - Ignacio Vilar / Mellor interpretación masculina - Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán Morris / Mellor fotografía - Diego Romero Suárez-Llanos)

Foi o filme máis premiado no Festival du Film Espagnol. Ignacio Vilar, mellor director (cun premio creado ad-hoc para valorar a súa achega no filme); premio á mellor interpretación masculina protagonista para Morris, Karra Elejalde e Miguel de Lira, e á mellor fotografía para Diego Romero.

Nominacións aos Premios Goya

A Esmorga obtivo unha nominación, na categoría de mellor guión adaptado, para Ignacio Vilar e Carlos Asorey. O filme segue a facer historia ao converterse na primeira longametraxe rodada en galego que consegue unha nominación a este prestixioso galardón.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=_f3ePrkSE0Y


A obra está baseada na novela de Eduardo Blanco Amor polo que imos achegarnos á obra e autor: 
Eduardo Blanco Amor (Ourense, 1897- Vigo, 1979) é un narrador fundamental do século XX. Na súa xuventude relacionouse con Risco, que o levou a entrar en contacto coas literaturas europeas. Emigrou a Arxentina no 1919 e viviu moitos anos en América.
Como poeta ten libros en castelán e galego. Entre a súa obra en galego están: “Romances galegos” (1928), “Poema en catro tempos” (1931) e “Cancioneiro” (1956).Como narrador, Blanco Amor foi máis tardío. Publicou tres libros en galego: “A esmorga” (1959), “Os biosbardos” (1962) e “Xente ao lonxe” (1972).

“A esmorga” é a novela máis popular e lida de Blanco Amor. Tivo que publicarse por primeira vez en Buenos Aires, no 1959, ante a negativa da censura franquista. É unha novela na que alcanzan especial brillo as virtudes de Blanco Amor como escritor.
Resumo
O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.
Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un burato do xardín e ollana dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.
Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí.
Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.
Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.
Decide voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.
Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.
O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu.
Guía de lectura da Esmorga de Eduardo Blanco Amor: https://oximnasiodeacademo.files.wordpress.com/2012/05/guc3ada-de-lectura-de-a-esmorga-de-eduardo-blanco-amor.pdf


A esmorga foi un libro que conseguiu moito éxito de público e crítica. Como mostra podemos sinalar as varias reedicións que tivo o libro, sobre todo cando xa morrera o autor. Axiña se converteu nun clásico da narrativa galega, cuxo contido foi obxecto de reelaboración noutros formatos artísticos: banda deseñada, música, cine... 

Sicixia

2016. Longametraxe en Cine Dixital/Alta Definición (HD). 100 minutos.

Sinopse: Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.

A PELÍCULA
Sicixia é unha longametraxe de ficción rodada na Costa da Morte, considerada na Antigüedade o punto máis occidental de Europa, Finisterrae, para os romanos.
Sicixia retrata o inigualable patrimonio da Costa da Morte, mesturando ficción e realidade. Cada fotograma bebe en cada secuencia e matiz das xentes e da singularidade desta terra.Xiao, enxeñeiro de son, recibe un encargo para gravar os singulares sons de Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que lle axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lexendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.

Paseo polo amor e a Costa da Morte. 

Actores
Xiao (Monti Castiñeiras), Olalla (Marta Lado), Alís (Arantza Villar), Raquel (Melania Cruz), Santiago (Artur Trillo), Pedro (Dani Trillo), Navea (Tamara Canosa). 
Rodaxe
1ª fase: do 3 ao 6 de xullo de 2015
2ª fase: do 22 de febreiro de 2016 ao 25 de marzo de 2016. 
Lugares de rodaxe
Provincia da Coruña: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Corcubión, Cee, Cerceda, Dumbría, Fisterra, Gaiás (Santiago de Compostela), Muxía, Zas. Provincia de Pontevedra: Sabucedo (A Estrada), Illa de Arousa. 
Estrea
25 de novembro de 2016.
Dirixida por Ignacio Vilar

Premios
2016: Marta Lado recibe o premio a mellor interpretación feminina no Festival Cinespaña de Toulouse 
2017: Sicixia, premio al mejor filme extranjero en el 50 WorldFest-Houston, en Estados Unidos

Fonte: http://www.vialacteafilmes.gal/