Eclipse Xolar. Unha oportunidade única?. Charla informativa
O xoves 11 de xuño, ás 19:30 h, terá lugar no edificio Bitácora, no Ézaro, unha charla informativa sobre o eclipse solar que viviremos este verán.
Óscar Blanco Varela, Director do Centro astronómico Trevinca, astrofotógrafo, monitor Starlight e cazador de eclipses, contaranos como debemos prepararnos para vivir este fenómeno natural que terá lugar o vindeiro 12 de agosto.
Recomendamos á cidadanía que acuda a esta charla, xa que convén estar preparado para vivir unha eclipse, coñecer os riscos e recomendacións a seguir, saber atopar unha boa ubicación para poder desfrutalo con seguridade,...
O acceso será libre ata completar aforo