Ir o contido principal

Emprendemento: un camiño

Miniatura Noticia

Fecha:

13 / 03 / 2014

Categorías:

Etiquetas:

cursos
emprego
emprendemento
formación


 
 Na actualidade encontrámonos nunha situación económica moi complicada, cun grande número de persoas no paro e outras moitas emigrando a outros países en buscas de oportunidades.

Moita xente nova con estudos e/ou experiencia laboral de tódolos sectores desanímanse ó ver que non teñen oportunidades de futuro,que botan multitude de currículum sen resposta algunha.
Cada día vemos a coñecidos ou familiares que se quedan sen traballo, cousa que desanima moito.
¿Que pode facer esta xente nova para poder traballar? Tes formación, coñecementos, experiencia, tal vez hai outro camiño: Emprender
Se tes unha idea podes saír adiante, e posiblemente sen invertir unha gran cantidade de cartos, do cal seguramente non dipós.
Deixámosche algúns consellos para que lle deas unha volta a eso de ser emprendedor:
  1. Asesórate e fórmate: montar unha empresa é doado, pero xestionalo é difícil. Na actualidade moitos organismos oficiais imparten cursos e seminarios de formación sobre actividades empresariais.
  2. Aproveita as redes sociais: Internet 2.0 interactúa cos teus potenciais clientes. As redes sociais son ferramentas gratuitas e con elas podes chegar a moitas persoas, só tes que  elexir a que mellor se adapte ós servicios que ofreces
  3. Date valor, e ofrece un valor engadido: tes que saber a qué cliente te dirixes: Low Cost ou Premium? O precio que fixes polo teu traballo ten que estar acorde ó que ofreces.
  4. No tes a necesidade  de crear unha S.L. e invertir 3000 euros. Podes crear unha Cooperativa, onde os gastos son moito menores. Respecto a este punto acaba de saír publicada a orde de axuda a creación de novas cooperativas  da Xunta de Galicia.
  5. Busca financiación. Para levar a cabo a túa idea seguramente encontres algunha línea de apoio ou axuda. Dentro deste apartado e na nosa zona podes encontrar o http://www.accioncosteira.es/?q=es/gac4, que financian proxectos relacionados co mar, e o GDR da Costa da Morte; actualmente os dous con líneas de axudas abertas en prazo.
 En Dumbría hai casos de rapaces novos que se aventuraron a crear o seu propio posto de traballo: carpinteiros metálicos, da madeira, traductores, xestores web, aloxamentos, bares, gandeiros, chacineiros, electricistas...todos eles exemplos deste post e que poderían contar moito máis da súa aventura.

Todo esto sona moi bonito e parece moi sinxelo, pero non todo o mundo está preparado na aventura de emprender, non ter horarios, pasar por momentos difíciles e moitas veces ter que tomas decisións que non che gustaría tomar, hai que estar preparado para todo isto..Pero si tes unha idea ...loita por ela!..sácaa adiante!


 Saber+: 
Axente de Desenvolvemento Local de Dumbría: Tomás