EN FAMILIA


Actividade dirixida a nenos/as de 0 a 6 anos e ós seus pais e nais.
Todos os días xorden dúbidas de como afrontar cuestións de índole educativa, de como resolver situacións que se presentan a cotío. As rabietas, o sono, os medos, a imposición de normas e límites, a importancia do xogo e da estimulación temperá, etc., son cuestións que a todos os pais e nais se lle presentan en determinado momento na educación dos fillos/as.
EN FAMILIA é unha actividade que propón a participación en obradoiros formativos para pais e nais, facendo destes un espazo de encontro no que expoñer as vosas dúbidas e no que profesionais do ámbito acheguen diferentes ferramentas que vos axuden a resolver de forma construtiva os retos e conflitos cotidiás.
O programa EN FAMILIA contén ademais actividades lúdico-educativas para nenos/as ata os 6 anos.
PROGRAMA:
· 16.00 h.: Obradoiro formativo para pais/nais
· 17.00 h.: Teatro do Miolo. 4 Tempos
Espectáculo musical dirixido especialmente a bebés de 6 meses a 4 anos. A través de elementos sinxelos os pequenos/as participarán nunha viaxe a través das estacións do ano.
(Espectáculo cofinanciado polo Programa Cultura no Camiño, da Consellería de Cultura)
· 16.00h.: Obradoiro formativo para pais/nais
· 17.00 h.: Caramuxo Teatro. Xan e as Fabas Máxicas
Proposta de lecer en familia dirixida principalmente a nenos a partir dos 3-4 anos, na que o humor, a poesía e a emoción se mesturan para dar unha visión contemporánea deste clásico infantil a través do teatro de actor e de monicreques.
Este é un espectáculo enmarcado no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Este é un espectáculo enmarcado no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DO CONCO (DUMBRÍA)