ENTROIDO 2014: ACTUACIÓNS

Este ano tocounos vivir en Dumbría un concurso de entroido pasado por auga.
O desfile viuse deslucido polo mal tempo, así que, o prato forte foron, esta vez máis que nunca, as actuacións baixo a carpa instalada na praza da igrexa.



Todo estivo perfectamente vixiado pola comparsa coruñesa "Los Hombres de Paco", que contaban cun can entrenado e ata con coche policial. A seguridade estaba asegurada.
O premio ó disfraz individual máis orixinal recaeu nun anano con gran sombreiro de copa.
Sen dúbida, unha das maiores ovacións levárona os nenos e nenas de Dumbría que subiron ó escenario vestidos de vacas, fóra de concurso, acompañados de Nucha e Mucha para realizar dúas coreografías que prepararon cos monitores do concello.
O desfile viuse deslucido polo mal tempo, así que, o prato forte foron, esta vez máis que nunca, as actuacións baixo a carpa instalada na praza da igrexa.
Conduciu a xornada o noso presentador de cabeceira, González, que, coma sempre, nos sorprendeu cun disfraz do máis orixinal.

As estrelas invitadas foron de novo as Cantareiras de Ardebullo: Nucha e Mucha,
recén chegadas de Suíza, que nos fixeron botar unhas risas coas peripencias vividas na súa viaxe.
En primeiro lugar actuou a comparsa da Familia Shrek, chegada desde terras zasenses. Pequenos e maiores realizaron unha coreografía.

A continuación fixeron a súa entrada no escenario os compoñentes da comparsa de Lires,
"Abaticando o Vaticano", que chegaron cunha magnífica parodia na que non faltaron curas, monxas, garda vaticana e ata dous Papas, Benedicto e Francisco (o Papa Americano). (1º premio de comparsas)

A comparsa "Ameixenda Calé" achegounos ata o mundo xitano, no que non podían faltar os cantos e bailes que o caracterizan. Non lles faltou nin a cabra, que fixo das súas polo escenario.
A veterana comparsa "Buxantes Calidade" volveu sorprendernos un ano máis coa calidade no seu vestiario e maquillaxe, así coma cunha impecable posta en escena. Inspiráronse para a ocasión no filme Avatar. (2º premio de comparsas)
Todo estivo perfectamente vixiado pola comparsa coruñesa "Los Hombres de Paco", que contaban cun can entrenado e ata con coche policial. A seguridade estaba asegurada.
Os últimos en actuar foron os da Asociación de Veciños de Gures, que chegaron a terras dumbriesas a bordo dun impresionante barco que tiveron que cambiar por unha pequena chalana para acceder á costa. Trouxéronnos sons caribeños e ata un moi mellorado Fidel Castro, que non abandonou a súa hamaca. (3º premio de comparsas)
O premio ó disfraz individual máis orixinal recaeu nun anano con gran sombreiro de copa.

Os máis pequenos, de 2 a 5 anos, bailaron a canción da "Vaca Lola" e os maiores, de 6 a 14 anos, fixeron o propio coa versión que interpretaron as de Ardebullo de "Vexo Raios de Sol".
Desde o Concello só nos queda agradecer unha vez máis a participación de tódalas comparsas e participantes no concurso individual, así coma a presencia de toda a xente que nos acompañou nesta xornada a pesares do mal tempo atmosférico que está marcando estas datas de entroido.
Quedades todos emprazados para festexar o Entroido 2015.
GRACIÑAS e parabéns ós gañadores!