Entroido 2019

O domingo 3 de MARZO dende as 17:00 da tarde Dumbría énchese de HUMOR!
Sae á rúa, colle 5 amigos e un pouco de imaxinación e xa tés unha comparsa, e 150 € seguros por participar!; leva os nenos disfrazados e terán un agasallo asegurado.
E, sobre todo, ven gozar das charangas, pasarrúas e comparsas na gran festa do Entroido da Costa da Morte.
Non perdas máis tempo, apúntate, hai máis de 2.000 € en premios!!
Entroido de Dumbría, deus nos dea HUMOR!!.
BASES QUE REXERÁN O CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO 2019
Das inscricións e das comparsas
1ª.- Para participar no concurso de comparsas de Entroido é condición imprescindible formalizar a inscrición da comparsa nas oficinas municipais con anterioridade ás 15 horas do 28 de febreiro de 2019. As comparsas que non se inscriban no seu debido tempo non poderán optar a ningún dos premios establecidos nin ás axudas por participación obxecto destas bases.
2ª.- As comparsas, para formalizar a súa inscrición no concurso, farán constar o nome da comparsa e o número de membros que a compoñen, así coma un teléfono de contacto da persoa representante da mesma.
3ª Entenderase por comparsa a agrupación composta por un mínimo de 5 compoñentes que obrigatoriamente realicen unha actuación, ben sexan coplas, bailes ou representacións, e que teña unha duración entre 5 e 20 minutos.
4ª.- As comparsas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación.
Disposicións finais
7ª.- Para poder optar ás axudas por participación sinaladas no capítulo anterior é imprescindible que as comparsas participen nos actos de entroido programados para o domingo, 3 de marzo e que comezarán coa concentración das comparsas ás 17:00 na praza do Concello de Dumbría.
8ª.- As comparsas teñen a obriga de participar no pasarrúas inicial ata a praza da Igrexa, lugar onde se levarán a cabo as actuacións.
9ª.- A orde de participación tanto no desfile de comparsas coma na posterior actuación rexerase segundo sorteo previo, a celebrar na Sala de Plenos da Casa do Concello o venres,1 de marzo de 2019, ás 17:00 h.
10ª.- Os premios para o concurso de comparsas e disfraz individual son os seguintes:
-1º clasificado: 1.000 €
-2º clasificado: 500 €
-3º clasificado: 300 €
-Un premio de 150 € , ó disfraz individual máis orixinal.
No caso de producírense empates, os premios serán repartidos no modo que segue:
No caso de empate no 1º premio entre 2 comparsas, repartirase o 1º e 2º premio a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 1º premio entre 3 ou máis comparsas, repartiranse os 3 premios a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 2º premio entre 2 ou máis comparsas, xuntarase o 2º premio e o 3º premio e repartiranse a partes iguais entre as comparsas empatadas.
No caso de empate no 3º premio, repartirase este a partes iguais entre as comparsas empatadas.
11ª.-As comparsas que non resulten premiadas terán unha axuda económica de 150 € pola súa participación nos actos de entroido. Esta axuda non é acumulativa ós premios.
12ª.- O xurado será designado polo Concello de Dumbría. Na selección dos premiados o xurado terá en conta os seguintes aspectos:
- Desfile: animación, complementos, carrozas, … (25% da puntuación).
- Disfraces e maquillaxe: confección artesanal ou non, calidade e adaptación da maquillaxe … (25% da puntuación).
- Actuación: posta en escena, música, coreografía, parodias, letras das coplas,…(50% da puntuación).
- 13ª.- A participación no concurso supón a aceptación destas bases. O fallo do xurado será inapelable.
14ª.- O concello resérvase o dereito de limitar o número de comparsas participantes no concurso.
Podes descargar as bases en PDF en